Que
mellor lugar para tomar unhas ameixas ou unha tapiña de polbo que
aquí nesta terraza frente ao peirao, dicía Martiño, mentres
refrescaba o padal cun grolo de albariño fresco. Agora, como ves, os
máis novos xa van cambiando as dornas polas planeadoras. Chegan coa
carga de navallas, ameixas ou percebes, baixan o coche pola rampa e
cun acelerón montan as planeadoras no remolque e marchan con elas
para a casa. A min, coma outros, o que máis me gusta é a dorna. Ahí
as tés, dicía, pintadiñas e mariñeiras, como rapazas novas,
repousando tranquilamente ollando ao mar.
Todas
as rochas ao longo da ría teñen o seu nome, seguiu, o mesmo que as
leiras do interior, para saber o lugar onde imos traballar, por eso
este establecemento chámase Café Bar Vicanso, o nome da gran rocha
que quedou tapada pola construcción da nova lonxa. É importante que
os mozos sigan conservando este modelo tradicional de embarcacións,
que durante séculos foron a nosa vida. Entra e mira que foto tan
fermosa hai no comedor. Coa velame despregada como as ás dunha
gueivota surcando a ría.
A
señora non me dou tempo: Si quere, díxome, cóntolle a historia
desa fotografía, mentres ollaba para ela. Pero si é de ManuelFerrol !! manifesteille sorprendido. Si, hai anos que o meu fillo,
logo de vela nunha exposición en Ribeira veu correndo á casa:
Papá, hai que mercar a foto do avó que está na exposición! E
mercámola. Ferrol veu en persoa ao noso bar e agasallounos
esoutra onde se ve tamén ao pai do meu home na dorna. Era un gran
fotógrafo que naceu no faro de Cabo Vilán e por iso o seu amor polo
mar. Tamén moi preocupado polos problemas sociais, as súas
reportaxes sobre a emigración seguro que as coñece.
O pai do meu home, era moi traballador e intelixente. A quen senón a el se lle podía ocurrir bautizar a dorna co nome de IDEA, ese acto de entendemento que é
a representación mental dunha cousa? O traballo no mar foille sempre
moi duro pero moito máis hai anos. Foi moita a xente que deixou a
vida entre as augas da ría, esta parroquia naceu para que as
mulleres de eiquí tiveran onde rezar polos seus homes.
A
maioría dos nosos antepasados vivían na Illa de Sálvora e tiveron
que abandonala porque lles ofreceron terras e barcos, malia que xa
vivía xente neste lado. Ten que visitar o porto fenicio, dos máis
antigos de Galicia. Navegaban por estas costas na percura de estaño
para facer o bronce e tamén para comerciar con outros materiais.
Non
o viches aínda..? presunta Martiño; agora tomamos as tapas con
calma e ao rematar damos un paseo. Tamén poderedes ollar a Illa de
Sálvora dende máis preto.
E
alá fomos, nun paseo que pagou a pena.
Porto fenicio de Aguiño ( Ribeira) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario