Luis Suárez cos equipos do Negreira e Victoria FC
Nunca o Campo de Fútbol de Cepelo acolleu semellante multitude como nas festas de verán de Negreira, aquel ano de 1962, cando o equipo de futbol local rendiu homenaxe ao coruñés Luis Suárez Miramontes, un dos mellores xugadores do século XX, que acababa de ser galardonado co Balón de Ouro, o único xogador español que conseguiu esta distinción. Comezou a súa andaina no Deportivo da Coruña, logo no Barcelona, no Inter de Milán e no Sampdoria.
A Directiva do NEGREIRA F.C quiso ser dos primeiros equipos en agasallalo, por eso logo de invitalo a participar no evento acordaron enfrontarse ao Campeón da Liga de Modestos da cidade da Coruña, o Victoria F.C. O reto non era pequeno pois os coruñeses tiñan un gran equipo e non había que quedar mal. Por iso semanas antes Victoriano Fernández, Palalo, quiso elaborar unha táctica que fixera sair boiante do lance aos nicrarienses; aproveitou unha visita a Fisterra do Victoria e alá se foi na Vespa de Roque Tuñas.
O partido de homenaxe celebrouse o 10 de xullo, durante as festas de verán e a música e os foguetes non foron quen de acalar os aplausos dos milleiros de persoas que acudiron de toda a Comarca cando entrou no campo de futbol rodeado dunha nube de rapaces que pelexábamos por conseguir un autógrafo do noso ídolo. Os actos preliminares da homenaxe a Luis foron seguidos con espectación por todos os presentes e durante o partido as olladas da xente ían das xogadas ao protagonistas, sempre rodeado dunha nube de persoas na banda.
Saque de Honor
Dende logo foi un éxito, o Negreira gañou por 2-1 aos campeóns coruñeses e as loubanzas do mellor xogador do mundo cara o equipo local encheron de orgullo á directiva e a todos os asistentes. Daquela considerouse un dos acontecementos deportivos máis exitosos na localidade; dous anos despois Luis Suárez proclamouse coa Selección Española, da que logo foi entrenador, Campión de Europa (1964) e a súa traxectoria deportiva foi seguida con máis interés que nunca polos afeccionados da nosa comarca.
O acontecemento foi recollido nas páxinas deportivas dos diarios galegos e durante anos falouse del nos ambientes futboleiros da comarca.
Luis Suárez ten hoxe 85
anos e segue a ser unha das glorias do futbol español.
Con motivo do seu cumple o meu amigo José Carlos, gran afeccionado e coñecedor deste deporte, publicou unha reseña desa
efeméride por iso me lembrei das fotografías daquel acto tan emotivo que dende aquela gardo
no meu arquivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario