Pazo do Cotón-NEGREIRA |
Afonso
Eanes do Cotón, un dos
trobadores maís importantes da lírica medieval naceu nese lugar, que agora se chama Negreira, onde se ergue o pazo que leva o seu nome
que é tamén o da Asociación Cultural da comarca barcalesa. As
súas cantigas de amigo, escarnio e maldizer estiveron centos de anos
agochados en cancioneiros e volúmes nas bibliotecas de reis e
señores, entre eles o Cancioneiro Portugués da Vaticana e na
Biblioteca Nacional de Lisboa. Pero falar dos poetas sen cantar os
seus versos é como coidar un xardín sen flores.
I
-Ai
meu amigu´e meu lum´e meu ben;
vejo-vos
ora mui trist´e por én
quería
saber de vós ou de alguen
que
est aquest´ou por que o fazedes.
-Par
Deus, senhor, direi-vos ua ren:
Mal estou eu se o vós non sabedes.
-Mui
trist´andades á mui gran sazon
e
non sei eu por que nen porque non;
dizede-mi
ora, se Deus vos perdon,
que
est aquest´ou por que o fazedes.
-Par
Deus, ¡ai coita do meu coraçon!,
mal estou eu se o vós non sabedes
-Vós
trist´andades e eu sen sabor
ando
porque non soo sabedor
se
volo faz facer coita d´amor
ou
que est ou por que o fazedes .
Par
deus, ¡ai, mui fermosa mia senhor!,
mal estou eu se o vós non sabedes.
-Mui
triste andades e non sei eu
o
por que é poilo non vej´eu
Dizede-mi-o,
e non vos sexa greu:
que
est aquest´ou por que o fazedes.
-Par
Deus, senhor, ¡ó mia coita e meu
mal estou eu se o vós non sabedes!
(senhor=señora)
Naquela sociedade feudal onde a maioría da poboación campesiña mantiña
aos grupos privilexiados, tamén estes dependían doutros señores
máis importantes. Afonso Eanes, pertencente á baixa nobleza,
deixou as terras do Tambre formando parte da mesnada de D. Rodrigo
Gómez, Conde de Traba e señor das terras de Trastámara, as que
pertencián as actuais de Negreira, para participar nas guerras da Reconquista de Al-Ándalus que mantiña
Fernando III en Sevilla (1234), Córdoba (1236) e Jaen (1246).
IV
As miñas jornadas vedes quaes son,
meus amigos, meted'i femença; (atención)
de Castr´a Burgos e end´a Palença,
e de Palença sair-mi a Carrión,
e end´a Castro. E, Deus mi de conselho
ca vedes, pero vos ledo semelho,
muit´anda trist´o meu coraçon.
….....
Durante anos andivo polas terras de Castela e
Portugal na compaña de nobres, soldados e trobeiros, como Pero da
Ponte que foi o seu discípulo. Entre os anos 1241 e 1244 sitúase en
Portugal e ademais de ser moi considerado como soldado tamén o foi
como home de letras moi ben relacionado co melloriño da nobreza da
corte de Toledo e Portugal. A súa obra consta de vintecatro cantigas
de amigo (amado), amor, escarnio e maldizer, aínda que ao parecer
varias que se consideran anónimas atribúense a Afonso Eanes.
Algunhas delas consideradas algo máis que eróticas.
Moitos foron os escritores que recollen a obra
de Eanes do Cotón, dende o Rei Afonso X O Sabio que nunha das
súas cantigas acusa a Pero da Ponte de presumir atribuíndose
cantigas do seu mestre Cotón ata D. Ramón Menendez Pidal, o santiagués
López Ferreiro, Xosé María Álvarez Blázquez ou o mesmo Xulián
Magariños Negreira. Pero sen dúbida, para coñecer a vida e a obra
do noso trovador é fundamental o Libro dos Cantares de Afons´Eans
do Cotón, da profesora e traductora Silvia Garpar, que
foi galardoado co Premio de Investigación Histórica Vila
de Negreira de 1995, e editado polo Concello. Segundo o Xurado
merecedor desta distinción “Pola súa estructura, boa
organización e exhautivo estudio da obra do trobeiro”.
III
Quando se foi meu amigo
jurou que cedo verría,
mais, pois non veu falar migo,
por én, ¡por Santa María,
nunca mi por el roguedes ,
ai, donas,fe que devedes!
Quando se
foi fez-mi preito (prometeume)
que se verría mui cedo,
e
mentiu-m'i, tort´afeito ; (portouse mal)
e pois de mi non á medo,
¡nunca mi por el roguedes,
ai, donas, fe que devedes!
O que vistes que dizia
que andava namorado,
pois que non veio o día
que lheu avia mandado,
¡nunca mi por el
roguedes ,
ai, donas,fe que devedes!
Afonso Eanes do Cotón pasou os últimos anos
da súa vida nas tabernas, no xogo e a manter continuas relacións
coas soldadeiras, a algunhas delas adicoulle cantigas, o que o levou
a morrer de xeito violento en Vila Real, hoxe Ciudad Real, onde lle
puxeron o seu nome a unha rúa e o grupo de Música Antigua Eanes
tamén o leva. Nesa cidade manteñen vivo o seu recordo o mesmo que
en Negreira, O Cotón, lugar de nacemento.
Hoxe é considerado un dos trobeiros medivais
máis importantes da lírica galego portuguesa .
XIII
…..
…....
E outras artes sab´el moi mellor
que esas todas de que vos falei.
Diz das luas como vos direi:
que x´as fezo todas Nostro Senhor.
E dos estomentos diz tal razon:
que mui ben poden eles fazer son
todo homen que én seja sabedor.
Ciudad Real |
No hay comentarios:
Publicar un comentario