Ser o máis importante de Galicia dalle un aire así coma de señorío, polo seu porte e porque a xente amósalle máis respeto que se fose un río pequeno. Acuden con feitizo a miralo e as autoridades mímano e fanlle agasallos.
En Ourense ofrecéronlle, entre outros tributos, un longo e coidado paseo.Ten varios quilómetros e deseños moi variados no seu trazado. Percórreno de cotío toda a variada fauna urbana: mozos e maiores, ciclistas, atletas, parellas collidas da man e ata policías nos seus vehículos. Estas intervencións merecen que nos sintamos orgullosos, porque o espectáculo de poder ademirar o seu ecosistema alegra e relaxa.
Pero ademais de dotalo tan pródigamente, a Natureza tivo co Miño, en Ourense, outros agasallos. Dende o máis profundo do seu ser volca no cauce fontes de auga quente, como se quixera facerlle os invernos máis agradables. Sumerxirse nas termas da Chavasqueira, despois dunha longa camiñata, lévanos a unha estado moi pracenteiro, relaxa o corpo e fai voar a mente polos ocultos currunchos da alma, fuxindo dos que mais escocen e aloxándose naquelas situacións e vivencias máis agradables. Todo un luxo para o espíritu.
Manuel Alí, amais dun bo amigo, é enxeñeiro hidrolóxico, algo así como psicólogo dos ríos e das augas. Toma medidas, traza perfiles, fai cálculos do máis complicado, percorre o rio polas beiras e pola súa superficie, analiza as influencias que outras augas e os humanos exercemos sobre del. Fai un claro análise do seu comportamento, diagnostica e propón remedios. Acompañalo no seu traballo é como penetrar nun mundo descoñecido.
Agora, tamén un dos nosos ríos ten en Negreira un longo e fermoso paseo que nos vai permitir facerlle compaña de cotío.
A alma de Galicia son os mil ríos que a surcan, cando entendamos a súa verdadeira importancia todos nos volveremos máis respetuosos con eles.
Estupendo relato,y esos mil rios que me gustaria conocer uno a uno ..los rios son una belleza y debemos cuidarlos.....cuando voy por la orilla de un rio me relaja tanto ...por eso siempre suelo ir a lugares donde los haya....Adiós rios ..adiós fontes ..adiós regatos pequenos............
ResponderEliminar