Existe un lugar no mundo
onde celebran a súa festa agasallando rosas e libros e tamén gustan de bailar nas prazas collidos
da man. Son xente cunha gran autoestima, polo que son percibidos por
algúns como familiares incómodos dentro da gran comunidade.
Non ten nada de
particular, nas mellores familias hai xente diversa, con distintas
afeccións, ideas e personalidades. Ás veces, cando un se sinte
adulto e económicamente sobrado, pretende facer a súa propia casa,
agás que se sinta a gusto, cómodo e respetado polos máis. Un día
escoitei a un membro da miña, falando para si diante da tele e
mentres visualizaba un programa sobre os máis novos que marchaban da
casa paterna: pois sonche ben imbéciles, co a gusto que se está na
casiña ! Por iso temos que
facer que todos nos sintamos ben, entendendo e respetando as
particularidades dos que son diferentes.
Imprenta de Gutenberg |
Cando
as comunidades se constitúen á machada, quero decir pola forza, e
se descoñece a historia de cada quen, xorden as incomprensións e
os recelos mútuos que tardan séculos en superarse. Conversando cun
amigo catalán, cóntame como na súa terra a historia dos libros
ten máis de seiscentos anos porque cando se inventou a imprenta xa
empezaron a desprazarse polos pobos e cidades con elas en carros,
imprimindo folletos e libriños. Hoxe, unha das súas editoriais é o
grupo de comunicación máis grande de España, con xornais, revistas
e cadeas de televisión propias. O profesor da Universidade de Vic,
Manuel Llanas i Pont, doctor en filoloxía, leva recollido en
sete volumes toda a historia do libro en Cataluña.
De
mozo, non conseguía entender como os andaluces celebran as súas
festas engaiolados en distintas casetas para bailar, cantar e beber,
cando en Galicia o campo da festa ten que ser grande e aberto, para
xuntar canta máis xente mellor e o xantar familiar un elemento
imprescindible en cada celebración. A Historia explica o por qué de
cada cousa. Decíalle aos meus alumnos, cando convivía con eles nas
aulas, que é algo semellante ao historial que utilizan os médicos
na súa consulta, sen el non poderían saber con exactitude cal é o
noso estado de saúde e diagnosticar a orixe dos nosos males con
fiabilidade.
Hoxe
a multiculturalidade témola nas casas, nas rúas e nas redes
sociais, xa se fai comicidade no cinema sobre a intransixencia na
convivencia entre persoas de distintas comunidades, sexan vascos ou
andaluces ou de países e culturas tan diversas como a chinesa, a
xudea ou a de calquera pais africano.
Atrás
queda a rivalidade infantil entre os da parte de arriba e de abaixo do meu pobo, cos correspondentes equipos de fútbol e as batallas
semanais a pedradas ou espadazos. Tamén aquelas historias de desfacer foliadas a bastonazos,cando
os mozos doutras parroquias viñan sacar a bailar ás mozas da propia.
Pero queda moito por facer, a miúdo son outro tipo de intereses os
que se mesturan para envelenar a convivencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario