Luis Seoane |
Lembro que foi en
Pesadoira, unha das localidades máis afastadas da capitalidade
municipal, na zona alta, rodeada de carballeiras e verdes pradarías
que facilitan que a xente viva da cría do gando e de algún pequeno
comercio: dúas panaderías e unha ferraxaría. Nas eleccións xerais
de 1993, diante da escola, onde estaba ubicada a mesa electoral,
parouse un Seat 1500 do que baixaron tres señoras maiores, vestidas
de negro e cun pano da mesma cor na cabeza. Unha delas, a do bastón
na man esquerda, curvada polos anos ou polo duro traballo no campo,
achegóusenos:
-Bos días! Si señora, por se hai algunha incidencia, pero todo está normal.
-Pois eu veño votar. Tróuxonos ese e tamén deunos o sobre coa papeleta; pero vouno foder, que a boa lévoa na teta!
Quedamos
mirando como, apoiada no seu bastón, se achegaba á mesa de
votación. Diante da urna abriu a carteira para sacar o DNI e,
mentres esmagaba o sobre que levaba na man entre os dedos de muller
traballadora, sacaba outro do escote que lle entregou ao Presidente.
Dando media volta, moi devagar, foise achegando á porta do coche que
lle abría o condutor e, antes de sentarse, volveuse cara a nós e
chiscounos un ollo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario