Como cada ano as rúas e prazas de cidades e pobos énchense de luz e música para celebrar a Festa do Nadal. Agasallos, larpeiradas e xuntanzas familiares nunca faltan nestas datas xunto cos desexos de felicidade para os máis achegados.
A presencia da Navidade como festividade independente no calendario litúrxico e a súa celebración o 25 de decembro son feitos de desenvolvemento tardío no primitivo cristianismo pola escasa importancia que lle deron a este feito. Según Pablo Martínez Palomero, na súa obra Historia y tradición del Belén, as primeiras comunidades cristiáns crean os seus principais ciclos rituais arredor da Pasión, Morte e Resurreción de Cristo.
É a partir do Concilio de Nicea que se celebrou no ano 325, cando xurde a necesidade de crear unha festividade en conmemoración do nacemento de Jesús, pero a escasa importancia que os primeiros cristiáns deron a este feito provocou que se ignorara o día concreto en que se produciu.
Algúns tratadistas, xa no século II, intentaron chegar a través da lóxica á datación de tal acontecemento, pero as súas averiguacións foron arbitrarias.
A identificación de Cristo co Sol e a luz está presente en multitude de textos bíblicos, e son moi numerosos os que o califican coma a luz do mundo. Estas atribucións fundamentan en boa parte a elección pola igrexa romana do 25 de decembro como festividade para conmemorar o seu nacemento. Porque na Roma Imperial tal efeméride era a conmemoración da luz, A Festa do Sol por antonomasia. A esta festividade romana uniríase máis tarde outra de orixe persa: a adoración a Mitra, deus do Sol, tamén conmemorada ese día.
Por outra parte, as comunidades rurais consideraron de antigo o 25 de decembro como o día de comenzo do ano, fronte ó 1 de xaneiro establecido oficialmente por Xulio César no ano 43 a.C., que máis ben tivo un sentido administrativo.
A festividade tivo carácter oficial a partires do ano 330 cando o papa Julio I dicta a necesaria proclama. De inmediato, e vencendo non escasas resistencias, a efeméride vai calando nas diversas comunidades cristiáns: No ano 375, S.Juan Crisóstomo logra que se instaure en Antioquia, San Gregorio Nacianceno estendeuna a Constantinopla, e en España instaurarase no Concilio de Zaragoza celebrado en 380.
De este xeito, tamén o continente americano se une a esta conmemoración de carácter universal e as súas xentes celebran con beléns, cánticos e agasallos unha das festas máis fraternales do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario