A escritora galega Fina Casalderrey asinando os seus libros na FIL
Guadalajara é a capital do estado mexicano de Jalisco, que na época da colonia era o Virreinato de Nueva Galicia. A antiga capital estaba en Santiago de Compostela de las Indias, bonita cidade na costa do Pacífico.
Hoxe Guadalajara, unha das máis importantes urbes de México, é tamén a cidade dos mariachis pero é coñecida en todo o mundo porque nela se celebra anualmente a Feira Internacional do Libro, que na súa XII edición está adicada a Los Ángeles, cidade norteamericana na que se falan 220 linguas.
Aquí xúntanse cada ano os máis importantes escritores , editores e persoeiros do mundo da cultura.
Onte pronunciou unha conferencia o Premio Nóbel de Literatura Orhan Pamuk e Chavela Vargas presentou o libro das súas memorias. Durante toda a semana se celebrarán moitísimas actividades porque esta é tamén unha festa mundial das culturas.
Hoxe a mestra Fina Casalderrey, Premio Nacional de Literatura Infantil con títulos tan suxerentes como O meu pai é meu ou Abrazos de vainilla, falará ós nenos e mestres nun colexio público da cidade e mañán farao na Escuela Normal de Jalisco ante centos de futuros docentes.
Manolo Rivas, Victor Freixanes e Alfredo Conde impartirán distintas conferencias no Auditorio da Feira e tamén participarán en varias mesas redondas.
Dende o stand de Galicia os nosos libros tutean ó máis selecto da literatura mundial e a Directora da FIL di que nunha próxima edición estará adicada a Galicia.
Mentres na nosa Terra a cultura galega loita pola súa superviviencia, aquí séntese o tremendo orgullo de que ser galego é ser tamén cidadán do mundo.
Guadalajara-Jalisco
2 de novembro de 2009

No hay comentarios:
Publicar un comentario