lunes, 26 de julio de 2010

GLORIAS DO FUTBOL :Juan Tuñas “Romperredes”

Juan Tuñas, coa camiseta branca, do España de México



…..Los tantos:
A los doce minutos de juego anotó Juventud Asturiana su primer gol por mediación de Tuñas.El segundo tanto fue logrado de cabeza por Díez  a los 25 minutos  y un minuto después lograba Cusa el tercero, seguido de otro que llevaba la firma de Tuñas .¡Rompió la red , señores! Una hazaña del glorificado cañonero…… Tuñas   anotó también a los 29 minutos.  Cusa a los 35 y Tuñas inscrustó dos veces más la pelota en la red oriental......Arbitró José Pagés que lo hizo bien.
La Habana-Cuba -1941


      O día 11 de decembro do ano 2005 foi distinguido na cidade da Habana como Gloria del Deporte Cubano Juan Tuñas Bejeneta, o que foi o mellor deportista da historia do fútbol dese país .A súa traxectoria deportiva enche de orgullo aos seus fillos e netos e tamén á súa familia de Negreira.
     Cando Manuel Tuñas Carballo saiu da parroquia de Aro  cara a Cuba, cos seus ollos empapados de tristura e a maleta chea de incertidume e esperanza, non podía imaxinar que un dos seus fillos chegaría a ocupar un lugar tan destacado no mundo do deporte.
       Xogador do Juventud Asturiana e do Centro Gallego, Juan Tuñas coñecido como “Romperredes” polos seus cañonazos e porque nun partido entre o Juventud Asturiana e o Puentes Grandes perforou as mallas, debutou coa Selección Cubana ós 16 anos e a súa consagración definitiva foi no Campeonato do Mundo de Futbol de Francia, no ano 1938, no que axudou a que Cuba chegara a cuartos de final despois de eliminar a Rumanía en Toulouse por 2-1.
      Trasladado a México como xogador profesional xogou co Real Club España, ganando dous títulos de Liga durante as tempadas 1941-42 e 1944-45. Na actualidade o España é o equipo con máis títulos do futbol mexicano: quince  de Liga e cinco  de Copa.
      Hoxe Juan Tuñas “Romperredes” ten 92 anos e vive en Cidade de México e cos seus fillos e netos, que tamén residen nese país, recordan os momentos estelares desta gloria do futbol e tamén falan de Aro e de Negreira.









No hay comentarios:

Publicar un comentario