miércoles, 14 de julio de 2010

MUNCH

-->
Ademáis tiña a cámara no bolso, sobre o asento traseiro do coche. Pero logo xurdiría o problema de sempre: si recoller toda a escea xeométricamente disposta, que xa de por sí sería de abondo, ou esa ollada perdida que impoñía,ou o máis difícil xa, ese bafo de dor que o invadía todo coma aquelas explosións de napalm que acababan tapando as imaxes coa súa luminosidade na guerra do Vietnam.
Maldita costume esta de ollar sempre arredor, aínda que desta vez sexa só sobre un radio de vinte metros.
Nunca presenciara algo así, nen siquera no cine. E o peor de todo formar parte da historia pasando a ser un simple espectador deslumbrado polo que estaba vivindo. Pero que tipo de rellas establece a tribu que impide en determinadas situacións limosnear a unha persoa cun ápice de afecto que tan gratuitamente se regala a un peixe de cores ou a unha insignificante formiga que pasa de rondona sobre unha mesa? Que é o que fai que haxa que transformar o peito nunha cámara acorazada e impida derramar unhas pingas, só unhas pouquiñas, do que se leva dentro?
Desafortunadamente será a foto da miña vida, e esta si que non se me esquecerá nunca. Nin terei que apelar ao Corel para correxir algúnha doblez ou algunha mancha das que acaban xurdindo co paso do tempo.
E dende logo, aínda que nalgún momento cheguei a intuílo, xa o teño definitivamente claro. A arma máis despiadada que descubriu o ser humano non son as bombas que a diario rebentan persoas nas distintas partes do mundo, nin as balas que sesgan a vida de miles de inocentes. A máis terrible de todas, a máis cruel e miserable é a do desamor, a do baleiro, a do desprezo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario