Foto : Jesús Manuel Rodríguez Casabiell |
As veces os ríos unen e
non separan, como en Ponte Maceira. As dúas marxes do Tambre
conforman un dos núcleos máis fermoso de Galicia. Aí
concéntranse elementos singulares da nosa terra como a ponte e
os muíños; o pazo, a igrexa, os hórreos e os pombais; as vivendas
rurais convivindo coas casas blasonadas. Non hai peregrino ou
visitante que non pretenda recoller tanta fermosura para perpetuar o
seu recordo.
Unha noite saíron as
estrelas a mirarse no espello do río e alí estaba Jesús Manuel
Rodríguez Casabiell coa súa cámara para recoller esta fermosa
imaxe da Vía Láctea, a nosa galaxia, sobre o pazo de Baladrón.
Máis de 100.000 millóns
de estrelas que en tantos lugares asóciase a camiños: na cultura
vikinga crían que levaba a valhalla, destino das almas dos
mortos, para os celtas ao castelo da raíña das fadas e en España
chamámoslle tamén O Camiño de Santiago, guía dos peregrinos que
veñen a Compostela e, por Ponte Maceira, seguen ata Fisterra.
A fermosa imaxe do
estupendo fotógrafo nicrariense lémbranos que nas noites craras de
verán tamén o ceo forma parte deste lugar de ilusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario