Peregrinación de Barcala ( Foto Carmen González) |
Son
ás veces as cousas máis pequenas as que agochan o maior tesouro
porque acubillan dentro delas recordos e sensacións, momentos
inesquecibles que forman parte, xa para sempre, das nosas vivencias.
Por iso gardámolas coma se fosen unha regalía da que non queremos
separarnos, para que eses recordos perduren como un agasallo .
Coa
anela gastada polo rozamento da cadea, atopei nun caixón
unha medalla conmemorativa do Ano Santo Compostelano de 1909,
lembro que sempre a levou como reliquía a miña tía avoa Florentina. Ese Ano
Santo, ademáis do primeiro do século XX, a anterior celebración
fora en 1897, tiña unha significación especial pois o cardeal
arcebispo de Santiago de Compostela, Martín Herrera, promove as
primeiras peregrinación organizadas e tamén un monarca español,
Alfonso XIII, presenta a ofrenda ao Apóstolo Santiago. É o comezo
do repunte xacobeo.
O
Arciprestazgo de Barcala, como tantos outros, comeza as mobilizacións
parroquiais e despraza a Compostela en longa camiñata centos de
crentes que cos seus estandartes entran pola Porta da Mahía,
presenciando por primeira vez na súa vida a magnificencia de
Compostela, camiño da Praza do Obradoiro entre as fortes badaladas
das campás da catedral. Logo, antes de entrar no templo santo, o
retrato que inmortalizará ese intre solemne do xubileo. Non se pode
discribir a sensación que debía provocar nas nosas xentes a entrada
na Catedral entre a música do órgano e a maxestuosidade do templo,
pero de seguro que se sentiron transportados a un mundo de ilusión.
Ao
rematar, a visita ao maior acontecemento da época, a Grande
Exposición Rexional Galega inaugurada polo Rei o 24 de xullo no
Pavillón Central, acompañado do presidente do goberno Antonio Maura, o político galego Eugenio Montero Ríos e outras autoridades:
Trinta mil metros cadrados na Alameda de Santiago onde hoxe queda en pé o fermoso edificio modernista adicado agora a escola
infantil, obra do arquitecto galego Antonio Palacios. A visita ao
Pavillón de Industrias, o do Centro Galego da Habana, que causou
unha gran admiración, querendo reproducir o que se está a facer na
capital cubana coa aportación dos nosos emigrantes, o do Ministerio
de Fomento, o de Recreo Artístico e Industrial ou o Pavillón de
Eléctricas Galegas.
Durante
anos non houbo outra conversa en toda a comarca, foron
acontecementos extraordinarios, algo que nunca se vira.
Pavillón do Recreo Artístico e Industrial de Antonio Palacios |
O escalatorres Puertollano no alto da Berenguela |
BIBLIOGRAFÍA : Santiago 1909- Henrique Alvarellos-Xunta de Galicia
Grazas pola referencia ao noso libro "Santiago, 1909". Interesente fotografía a da peregrinación barcalesa, que non coñeciamos. Saúdos cordiais, Quique Alvarellos.
ResponderEliminar