Rímonos ben cando o
noso amigo Manolo Iglesias nos contou a súa primeira experiencia escolar:
- Cuantos años tienes?
-Teño 6.
-Cuando naciste ?
-O tres do San Martiño.
-San Martiño no es un mes, entiendes? Tu naciste en noviembre.....
Plaf!
Pero dicía a verdade, en Galicia sempre foi o San
Martiño o mes máis significado do ano, para ben e para mal.
A época da matanza do
porco e de abillar os primeiros pipotes da casa, acontecementos que
se gardaron no refraneiro deste outonal mes: Polo San Martiño hai
que matar o porquiño … ou hai que abillar o viño. Pero tamén o
intre de entregar as rendas polas terras, que por outra banda
baleiraban os celeiros dos labregos do pouco que se podía almacenar
ao longo do ano.
Na Crónica General de
España dirixida polo académico da Historia D. Cayetano Rosell no ano 1867, na
referida á provincia da Coruña que redactou D. Fernando Fulgosio di:
Cada pequeña hacienda
pertenece al labrador por contratos de diverso género. Arriendos,
censos, foros, subforos, misas de aniversario, cuartos y quintos,
rentas frumentarias, empeños o ventas con pacto de recobro, son
otras tantas plagas llovidas sobre el mísero labrador, á la par de
innumerables derechos comunes, servidumbres de senda, de camino, de
carrera, fijas o alternadas y demás. No son menos singulares las
diversas maneras de pagar la renta, lo cual se verifica en dinero,
trigo, centeno, maiz, cebada, avena, vino, cerdos, carneros,
cabritos, gallinas, capones, cera, miel, manteca, quesos, anguilas,
salmones y hasta herraduras y clavos; pagados por valor de ocho
maravedises; la décima parte de una gallina, la vigésima de un
carnero, media cuartilla de trigo ó centeno, etc, etc. todo lo cual
cobran, no una, sino infinitas personas.
Pero
eso pasaba a finais do século XIX que é coma decir onte; a nosa
sociedade saltou da infancia á idade adulta sen seguir un proceso
evolutivo normal. Agora estamos vivindo nun mundo globalizado e
tecnolóxico que fai que pasemos do real ao virtual.
Todas as árbores chámanse
árbores, as prantas son todas prantas e tengo
muchos niños y no puedo dedicarme al suyo,
queixábase onte unha nai do que lle dixo unha mestra.
Novembro
chega coa caída da folla, as árbores íspense e algunhas
identificámolas polos seus froitos. Quen me iba decir que esa tan
fermosa que está perto da miña casa é un caqui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario