martes, 20 de marzo de 2018

BALADAS





Pareime diante da cristaleira unha mañá de finais do inverno, cando un tímido sol anunciaba a chegada da primavera. Chamoume a atención o enxeño do escaparatista presentando os produtos que se venden naquela tenda, alleos ao arte de Euterpe. A relucente trompeta, as partituras e a actitude relaxada da moza que escoita forman un conxunto no que parece transmitirnos que nesa cidade todas as artes forman un só corpo para o disfrute dos sentidos.

Mestres miraba atentamente esta creación ornamental chegaba ata alí os sons do cambio da garda da Almudaina, a que foi fermosa residencia dos emires de Palma e nos séculos XIV e XV dos reis de Mallorca.



A poucos metros o Sol proxectaba nas columnas da Seo as cores dos cristais dos fermosos rosetóns góticos, pasando dunha a outra segundo o movemento de rotación do noso planeta íalle indicando, resaltando a beleza e o estilo da catedral. Nas mesmas datas do ano 1838 o músico polaco de ascendencia francesa Chopin admiraba o espectáculo na compaña da escritora George Sand que asinaba as súas creacións literarias con nome masculino.

Fryderyk Chopin decidiu pasar os meses de finais de inverno dese ano en Mallorca na compaña da escritora que aproveitou para narrar algunhas das peripecias sufridas durante a súa instancia na illa mentres o músico transformaba en melodía os sons do seu piano Pleyel, ceibándoas ao ar pola fiestra da súa cela da Cartuxa de Valldemossa, para que se xuntaran co arrecendo da flor das laranxeiras e a claridade do sol que acariñaba as plantas da súa terraza. Tamén para agasallo dos que agora disfrutamos das súas fermosas composicións. Alí escribía ao seu amigo Fontana: ”Mándoche os Preludios. Volvede a copialos, Wolf e ti....Dentro dunhas semanas recibirás a Balada, unhas Polonesas e un Scherzo.... Vivo na miña cella. De vez en cando disfruto dunhas danzas árabes, un sol africano e un mar Mediterráneo". 


Terraza da cella


Cando Chopin fala das súas obras refírese á Balada en fa menor (op.38 nº 2) adicada a Schumann, a dúas Polonesas, en la maior e do menor, adicadas a Julien Fontana e o Scherzo en do sostido menor, adicado a Adolph Gutmann.

A descripción que George Sand fixo da súa estancia en Valldemossa, na compaña de Chopin, foi publicada en La Revue des Deux Mondes en xaneiro, febreiro e marzo do ano 1841 obtendo un gran éxito e volveu a aparecer no 1842 co título Un inverno en Mallorca.








Fotografías : J. Manuel López Tuñas



No hay comentarios:

Publicar un comentario