viernes, 13 de mayo de 2016

ÁRBORES DE FERRO









As árbores son seres vivos que forman parte do noso patrimonio natural ademáis dunha importante fonte de riqueza. Nos núcleos urbanos depuran a atmósfera e desprenden  osixeno, tan necesario para a vida das persoas. Tamén un importante elemento estético que acollen ás aves que cos seus rechouchíos fannos máis agradable o acontecer diario.

Hai anos todos os nenos e nenas das escolas celebraban El Día del Árbol facendo plantacións en distintos lugares coa compaña das autoridades que botaban os seus discursos destacando a importancia desta especie vexetal para a vida das persoas, xunto coa lectura dos textos redactados polos escolares máis aventaxados que, en prosa ou en verso, louvaban ás distintas árbores de Galicia. Despois da degustación das sinxelas lambetadas que se entregaba á rapazada acabábase cantanto todos o Himno al Arbol : Cantemos al arbol que voy a plantar, si Dios lo protege del hombre y del viento salud y riqueza dará.....!

Oleiros é unha excepción á especulación urbanística que sufriron boa parte dos nosos pobos e cidades, especialmente os que se atopan no entorno das grandes urbes: Os seus paseos marítimos, inmensos parques, prazas e avenidas son unha especie de xardín botánico onde se pode disfrutar das máis fermosas e variadas especies. Por eso sorprende atoparse cunha árbore de ferro coa lenda da fotografía.

Explicáronme que dende hai anos levan sufrindo ataques de persoas que actuando con nocturnidade arrancan a cortiza das árbores para secalas con produtos químicos. Ao parecer sempre diante de algún edificio ou vivenda, en distintos lugares do municipio. Agora, cando se repiten estes atentados contra o patrimonio público, o concello actúa colocando estas reivindicativas estruturas de ferro para concienciar á ciudadanía da importancia de respectar ás árbores. Por sorte, din, estes ataques son escasos e excepcionais pois a maioría dos veciños dese municipio aprecian e defenden a conservación do patrimonio ecolóxico.

Xa dicía Castelao: O día en que os galegos entendan o que vale unha árbore, ese dia Galicia deixará de ser pobre.







No hay comentarios:

Publicar un comentario