jueves, 12 de marzo de 2015

O GRILO





                                                                     (Foto López Tuñas)




Temos a vantaxe de vivir nun medio natural rico en especies vexetais e animais que é propicio para entrar con bo pé no mundo do coñecemento científico porque para a súa adquisición é fundamental partir do concreto para chegar ao abstracto. O mundo que nos rodea é o primeiro contacto coa realidade que debe ser aproveitado polos máis pequenos para comezar a coñecer o medio no que viven e pasar logo a outros niveis de coñecemento.
 Dende hai uns anos Coñecemento do Medio é unha materia escolar, asignatura  reemprazada así sen máis polas Ciencias Naturais, pasando os rapaces e rapazas a memorizar esquemas e clasificacións que nos retornan a sistemas propios doutras épocas, deixando á marxe o desenvolvemento de capacidades como a observación, a reflexión ou a valoración medioambiental. Non se pode respetar aquelo que se descoñece.
É a consecuencia de marxinar no mundo educativo ás Ciencias da Educación: A Pedagoxía, A Psicoloxía Infantil, a Didáctica ou a Metodoloxía; convertir o proceso de formación das persoas nun conxunto de xenialidades.

Estes días aproveitamos o bo tempo para camiñar de vagar polo campo. Aprender a ver e a observar. O primeiriño, un pequeno burato na herba que lles chamou a atención aos nenos.

-E logo, ese buratiño?
-Pois é un burato, moi ben feito....seguro que o fixo un bicho.
-Collede un xunco e metédeo dentro, logo dádelle voltas a ver o que sae....

-E se sae algo que nos pica?

xa sae....!!!!
-No teñades medo, probade e veredes...

Nuns segundos de movemento apareceu o animaliño todo espelido pola porta do seu tobo, con movementos nerviosos, ante os que ousábamos violentar o seu repouso.

-Un grilo! E podemos collelo coa man?
-Pois si...

Todo se volveu mirar e remiralo xirando a man para que non fuxira. E veña a preguntar por outros insectos, e porque se lles di ortópteros, e por que cantan para atraer ás femias, e logo este si é máis escuro será unha femia...; e de que se alimentan, e son bos ou malos....

-E como aprendeches a sacalos do seu tobo?
-Porque o facíamos de nenos.

-E si lle das e lle das e non sae para fóra?
-O máis practico era mexarlle no burato e saía correndo, pero mellor levar unha botelliña cun pouco de auga; case nunca se precisa porque non se resisten ao rozamento do xunco ou a palliña.O mesmo que che pasa a ti cando non das saído da cama e mamá faiche cóxegas.

-Pois mira que son argalleiros, ás veces pola noite,cando fai bo tempo, parece que temos unha orquestra arredor da casa!





2 comentarios:

  1. E quen di os grillos, Manoliño, podrias falar da metamorfose das rans, que nós, por experiencia visual directa coñecemos de corrida. Xa sabes, charca, ovo , masa xelatinosa, embrión, e máis tarde nace o cagudo. Cola, para facilitar o movemento no auga e branquias para a respiración, desenvolvemento da súa cabeza , voracidad . Perdida de cola e as branquias para transformarse nun animal anfibio, e polo tanto aparecen as patas e ao fin , ran nova.
    E as carreiras de rans, que se ponian tercas, e saíanse pola tanxente? Iso coñeciámolo de corrida, e quen era duro de mollera e de vista, era o centro de mofa, burlas.
    Bo , e a nosa especialidade en ovos de paxaros, cor, volume, e os seus correspondentes niños. E que me dis do mercadeo de ovos. Cambiouche un de mirlo, por un de gabin ( os máis preciar, pois había que ir buscalos as copas dos eucaliptos). Ou un de verderol por un de carrizo.
    E da rexeneración das colas das lagartixas, era un clasico.
    Nós Manoliño, moita practica e menos teórica. Ciertamente moito contacto coa Nai Natureza.
    Bela lección a túa, que debería facer recapacitar a moitos pais, e a moitos avós, como nós, que a trasmisión didáctica oral como ti a fixeches , é un ben impagable: leccións estas que quedarán no acervo cultural e afectivo dos nosos nenos.

    ResponderEliminar
  2. Amigo Manoliño:Que privilexio poder aprender tantas cousas do mundo en que vivíamos, aínda que coas carencias da época soubemos que a observación e a experimentación era a fonte do coñecemento.Dame lástima observar como se pretende desplazar aos nenos a un mundo virtual alleo á realidade que están a vivir, eu creo que de ahí provén a falta de creatividade que nos rodea.Onte falábamos de cando construíamos helicópteros coas libeliñas :-) .E tantas e tantas cousas ....Unha aperta moi forte!

    ResponderEliminar