miércoles, 3 de noviembre de 2010

103 ANOS PARA A UNIÓN BARCALESA

Escola de Cobas
            


Hoxe houbo festa na Habana, a Unión Barcalesa acaba de  cumplir  103 anos e douscentos asociados  conmemoraron aquel 3 de novembro de 1907 na que un grupo de fillos de Barcala, baixo a presidencia de Romualdo Negreira Josende e actuando de Secretario Juan Riveiro, se constituíron en asociación para fundar escolas no Val, nas que se proporcionara educación e instrucción ós nenos e xóvenes de ambos sexos.
Rolando Pérez, Presidente
Decían, na Acta Fundacional, que “ La educación e instrucción que actualmente se le proporciona por el Estado en aquellos lugares, después de ser escasa es por demás defectuosa y teniendo este mal en cuenta, los reunidos declaran considerar un deber dictado por la conciencia dedicar sus esfuerzos y cooperar a la aminoración de este mal que obstruye el engrandecimiento de aquellas parroquias y lugares al par que el de sus hijos”
As escolas de Barcala, Cobas e Aro, construídas e sostidas no seu momento coas pequenas aportacións económicas detraídas dos salarios e ganancias dos nosos emigrantes  ahí están como exemplo de solidariedade e compromiso coa terra.
(Foto España Exterior)
Rolando Pérez Palmero, Presidente da Sociedade, intruduciu o acto dirixíndose a todos os asistentes para glosar a importancia da asociación ó longo de toda a súa historia e  o carácter mutualista que tivo e ten para todos os asociados. Logo, os barcaleses, os seus descendente e familiares festexárono cun pequeño xantar de confraternidade que foi amenizado polo grupo musical cubano Aceitunas sin Hueso, no restaurante do Centro Andaluz.
Dende fai anos a Asociación para a Solidariedade Alén Mar e os Concellos de A Baña e Negreira veñen colaborando coa Unión Barcalesa e polo Centenario desplazáronse a Cuba máis de sesenta barcaleses acompañados polos seus alcaldes para participar   nos actos conmemorativos que tiveron lugar no Centro Galego.
A máis veterana das nosas asociacións, que hoxe está de festa, conta na actualidade con máis de trescentos asociados.