XABI LÓPEZ PICADO
CEIP Pedrouzos-Brión
6º Curso
O Entroido
é unha das festas máis importantes en Galicia, ademáis participa
moitísima xente, tanto nos pobos coma nas cidades, varios destes carnavales
contan coa cualificación de "Festa de Interese Turístico".
Viana
do Bolo ( Ourense)
Aquí
celébrase un dos Entroidos máis antigos de Galicia.
En
Viana do Bolo os protagonistas son os Boteiros e Folións. Os
Boteiros, como podedes ver nas fotos, son éstes que van vestidos
con traxes coloridos, mascaras e "penachos" encima da
cabeza. Éstes traxes teñen un toque étnico moi interesante . Os
Folións son comparsas de varias parroquias da zona que van
tocando sobre todo instrumentos que son ferramentas agrícolas, como
azadas, e tamén tambores, a tradición di que é para espantar a
malos espíritos.
Verín
( Ourense)
Os
Cigarróns, que son os personaxes principais destes carnavales, como
podedes ver, levan uns traxes espectaculares, que pesan ao
redor de 20 quilos, así que hai que estar moi en forma.
No Val de Verín lucen a máscara máis característica da Comarca de Monterrey , consta
esta máscara dunha careta traballada en madeira e pintada de xeito
que nela resáltense as cellas, as súas sonrosadas fazulas, amplo
bigote, e o seu cínico sorriso mostrando a dentadura e unha falsa
barba. Resaltar as grandes follalatas, tapando a cabeza, pintadas con
motivos diversos, predominando os vegetales e os animais, sendo moi
frecuente, tamén a representación do Sol e da Lúa.
Na
cintura, faixa de varias voltas e por arriba dela o cinto de coiro do
que colgan por detrás, seis grandes chocas. Estas chocas
de cobre altérnanse segundo sexa o seu son, grave ou agudo.
Ademáis de ir alternadas, deben tamén estar concertadas para que
produzan o seu son característico. A arte dos Cigarrones
consiste precisamente en mover con soltura chócalas, usando o
propio movemento do corpo. Na man levan un látigo do que pende un
pelexo.
Aínda
que non hai nada demostrado, moitos investigadores remontan a súa
orixe ao nacemento do ser humano.
Laza
(Ourense)
Laza
é outro dos lugares que debes visitar no Carnaval. Aquí
entre as celebracións principais está a Farrapada e a Baixada da
Morena. A farrapada consiste nunha batalla ao grande con trapos cheos
de barro, faise pola mañá o Luns de Carnaval e pola tarde a
Baixada da Morena, que se acaba con outra batalla campal de fariña,
formigas e festa tola.
Ademais
destas dúas festas, os personaxes principais aquí son os
Peliqueiros, na seguinte foto poderedes velos cos seus
impresionantes traxes, van correndo polo pobo, e se non apartas do
seu camiño, pois danche coa "zamarra" que é como unha
fusta que levan, é un símbolo de autoridade, de feito eles son a
máxima autoridade do pobo durante eses días.
A
súa orixe non está claro, o que si se coñece é que o seu nome vén
da pel que levan detrás da careta.
Cobres
-Vilaboa (Pontevedra)
Esta
considerado un dos carnavais máis elegantes de Galicia. Madamas
e Galáns van vestidos con disfraces moi coloridos, colares,
plumas, moi vistosos. O día principal é o Martes, e van percorrendo
o pobo bailando de casa en casa, onde lles dan donativos. Pola tarde
celébranse xogos como "A Corrida do Galo" ou "Galo na
vara".
Xinzo
de Limia (Ourense)
Diversión
e música son os grandes protagonistas do
carnaval xunto “As Pantallas” e a súa duración fan desta celebración un evento especial. As
Pantallas son uns personaxes con traxe branco, máscara de cores,
capa vermella con cintas de cores. Levan tamén campanillas.
Dedícanse a perseguir vexiga en man, aos coñecidos varóns adultos
que non van disfrazados, nunca a mulleres. Unha vez que lles colleron
deben levalos en volandas ata o bar onde pagarán con cuncas de viño
branco (Ribeiro).
Todo
comeza tres semanas antes do martes de carnaval, co Sábado de
Petardazo; séguelle o Domingo Faraleiro; Sábado seguinte co Desfile
e Colgamento de Meco; despois o Domingo Oleiro para continuar o
Sábado de Mulleres e o Domingo do Corredoiro.
Continúa
a semana seguinte coa recta final do Entroido: Venres, Sábado,
Domingo, Luns do Entroido e o Martes, día máis importante co Gran
Desfile do Entroido para continuar o Mércores co Enterro da Sardina
e acabar co Domingo de Piñata.
Como
dato curioso o entroido de Xinzo de Limia ten o mérito de ser o
Carnaval máis longo de España. As Pantallas son os
encargados de manter a orde, alegrar a festa ademais de xerar un son
peculiar co son das campaniñas.
Barrio
de Eiroas.- Ourense cidade
No
barrio das Eiroas, lévase a cabo o entroido coa saída das pitas,
un dos personaxes, recuperado fai uns 10 anos por un colectivo
veciñal para participar no "Domingo Oleiro", no que veciños
e algunha galiña inqueda, lanzáronse vaixelas de barro recreando
unha tradición similar á de Xinzo, pola cal aquel a quen lle caia
ao chan a "ola" e a rompa, terá que pagar unha
rolda de desagravio.
A
figura deste carnaval, a pita, toma o seu nome da "Voda
dá Pita", que realiza cada Martes de Carnaval unha
recreación irónica e a voda celebrada fai lustros na zona, por un
viudo e unha viuda, chamada esta última como A Pita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario