B.B. |
Quen
dos que fomos mozos alá polos anos setenta non se acorda das
películas e das cancións de Brigitte Bardot? Ademáis de actriz e
cantante foi un mito erótico e unha icona sexual do mundo do
espectáculo. Esta moza francesa nacida nunha familia burguesa foi
educada dende pequena como correspondía á clase social á que
pertencía, estudou música e danza e de contado trunfou no mundo do
cine da man do seu primeiro marido, o director Roger Vadin.
Na
súa carreira artísitica protagonizou máis de corenta películas,
todas elas un éxito, e foron poucos os calendarios da época que
non tiveron unha imaxe da actriz máis ou menos espida. Foi das
poucas artistas europeas que veneraban nos Estados Uniodos, a súa
chegada alí era toda unha festa.
Brigitte tamén destacou pola defensa dos dereitos dos animais. Foi
famosa pola súa oposición ao sacrificio das focas do Ártico, onde
máis de quince mil familias anuits vivían da pel, carne e grasa
destes animais. Na férrea campaña que protagonizou chegou a
tratar aos canadienses de criminais e conseguiu que en Francia se
prohibira a importación de peles de foca. Tamén foi moi popular a batalla
que mantivo para que non se mataran dous elefantes que padecían unha
grave enfermidade. Recibiu as máis importantes condecoracións do
goberno francés.
Pero ademáis foi unha férrea loitadora en contra dos inmigrantes e firme
partidaria da imposición da pena de morte. Multárona cinco veces
por incitar ao odio racial.
De
pequena padeciu unha enfermidade chamada ambiopía que lle provocou a
perda de visión do ollo esquerdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario