Foto: M.López López |
En 1950 mercou a súa
cámara Kodak e logo dun periodo de aprendizaxe, cando remataba o
traballo, comezou coas fotografías familiares, dos amigos e das
persoaxes populares: Ramón da botica ou Manolo da ferretería. Tamén
nas romerías, a de San Xurxo de Gonte entre outras. As cámaras
naquela altura tiñan certas dificultades, había que medir a
distancia ao obxectivo, regular a apertura do diafragma e tamén a
velocidade de obturación, en función da mobilidade dos obxectos ou
a claridade do día. A fotografía pasou a ser a súa afección
favorita, conscente da importancia das imaxes para perpetuar a
memoria visual do pasado.
Cando lle falou de
fotografalo respostoulle que prefería facelo rodeado da súas netas na
horta do Pazo. Atrás quedaran xa os intensos anos na alcaldía e
incluso a súa etapa de Presidente da Deputación da Coruña, tamén
das longas viaxes a cabalo polos camiños do concello, cada vez que
alguén requería da súa axuda como médico. D.Victoriano Fabeiro era un
home pragmático e consideraba as comunicacións fundamentais para o
desenvolvemento da sociedade, así promoveu a continuación das obras
da estrada Santiago- Muxía e a apertura da de Negreira ao Marco do
Cornado. Tamén a instalación do primeiro aparello telefónico na
Vila, xa comunicada polos servizos de Correos e
Telégrafos. Ademáis trasladou a Casa do Concello dende o edificio de D. Francisco Leis na Rúa da Cachurra a onde fora trasladado no ano 1927 dende o Pazo do Cotón ao edificio adquirido na Carreira de San Mauro, onde hoxe
está a Casa da Cultura. Os tempos cambiaran e non se consideraba
apropiado volvelo ao seu domicilio.
A fotografía, un pouco
deteriorada polo paso dos anos é un documento que reflicte a moda
infantil de mediados dos cincuenta, nos traxes das nenas, e a
vestimenta tradicional dun cabaleiro na cadea do reloxo de peto ou
no sombreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario