Cada
ano, como preludio da chegada da
Primavera, prodúcese en diferentes lugares do mundo unha eclosión popular que
enche de colorido e ledicia as rúas dos pobos e cidades. Esta
antiquísima celebración ten a súa orixe nas chamadas Festas de
Ciclo Anual que nas primitivas comunidades agrarias conmemoraban
os cambios estacionais que se experimentaban ao longo do ano.
A festa conserva en cada lugar as características propios da súa
Historia, así en Venecia o luxo e boato propio dos burgueses
renancentistas; en Brasil, a música, o erotismo e o colorido das
comunidades de orixe afro e en Bolivia (Oruro) os elementos
precolombinos e dos esclavos levados pola colonización.
As
celebracións máis antigas na honra da Nai
Natureza e da Primavera atopámolas en Babilonia hai aproximadamente
uns 4.000 anos e tamén en Exipto, en honor do Boi Apis, símbolo da
virilidade que contiña o espíritu do señor da creación Ptaht.
Posteriormente os ritos da chegada da estación das flores e o amor
extendéronse por todo o Mediterráneo.
En
todo o seu percorrido ao longo da Historia, o Carnaval foise
impregnando das costumes e tradicións correspondentes a cada época e
cultura. Así é clara a influencia de Grecia e Roma onde se vincula
coa festa de Dionisio, deus do viño (Baco en Roma). Estas festas
tumultuosas celebrábanse en Tebas no cumio do monte Citerón e
na Tracia.
Bacanal-Massimo Stanzione |
Según
o poeta latino Ovidio tiñan lugar no mes de Marzo ( primeiro
do primitivo calendario), o terceiro día despois das Idus, día 17,
cando os campesinos ían a Roma para participar no festival que
se lle adicaba a Baco (1). Chamábanse orgías
ou Bacanales e as mulleres
que participaban nelas bacantes
ou ménades.
Comenzaban cun desfile encabezado por unha carroza na que un mozo
gordiño e xacarandeiro, con acios de uvas e unha copa,
representaba ao deus, guiado por homes cubertos con pel de tigre e
outros arredor, coas peles de macho cabrío, brincaban a modo de
faunos e sátiros (Piliqueiros) .
A
xente levaba a cara e o corpo pintado con sangue, viño ou zume de
moras a modo de mascarada. O ancián que representaba a Sileno iba
sentado nun burro ao final do cortexo, vestido de xeito grotesco para
facer rir aos espectadores. Ese día tamén se depositaba nas imaxes
do deus unha especie de filloas porque tamén el se alegraba coas
cousas doces(2).
Nestas
festas cun marcado carácter transguesor, bebíase viño ata perder a
conciencia e as bacantes entregábanse a todo tipo de excesos.
Combate entre D.Carnal e Dna.Cuaresma.Fragmento. Pieter Brueghel o Vello |
Pero
o compoñente máis destacable do noso Entroido procede da Idade
Media que o impregnou dos seus elementos gastronómicos. Para a
sociedade rural fortemente estruturada polo Cristianismo o tempo de
carnestolendas ofrecía unhas características moi acusadas de raiz
pagán e un tempo de permisividade que se opoñía ao rigor da
Cuaresma, periodo de cuarenta días de penitencia, xaxún e vixilia
ou prohibición de comer carne en determinados días, como moi ben
recolle D. Juan Ruiz o Arcipreste de Hita en El libro del Buen Amor:
De
mi doña Cuaresma, justicia de la mar,
alguacil
de las almas que se habrán de salvar,
a
ti, Carnal goloso, que nunca te has de hartar
el
Ayuno en mi nombre, te va a desafiar.
É de agradecer ao Carnaval as tradicións gastronómicas de Galicia que dende o
medievo nos chegaron: as filloas, cociñadas sobre unha lousa de
pedra ou unha plancha metálica candente ou o cocido de porco elaborado no caldo, plato tradicional dos labregos europeos durante a
Idade Media e aínda despois, con distintas variedades de carnes que
regados cun bo viño da Terra constitúen un elemento imprescindible
desta festa.
Durante
a pasada dictadura esta celebración (Fiestas de Primavera) quedou recluida nos bailes de
disfraces dos casinos e organizacións de carácter privado, nas
familias a festa gastronómica e na rúa nas mans dos rapaces que
colgaban siluetas dun burro recortado en papel no lombo dos máis
despistados e marcaban coa tiza sisada nos encerados das escolas o
lombo dos compañeiros.
Ben me lembro dun domingo de Entroido diante do Cine Progreso de Negreira cando un numeroso grupo facía cola para ver unha película de Sara Montiel e uns rapazolos asexaban a unha moza cun fermoso abrigo bermello. Un dos máis espelidos foise arrimando ata tizala de arriba abaixo. O paraguazo que lle caeu, entre as risas dos compañeiros, deixoulle o lombo quente para unha semana.
Ben me lembro dun domingo de Entroido diante do Cine Progreso de Negreira cando un numeroso grupo facía cola para ver unha película de Sara Montiel e uns rapazolos asexaban a unha moza cun fermoso abrigo bermello. Un dos máis espelidos foise arrimando ata tizala de arriba abaixo. O paraguazo que lle caeu, entre as risas dos compañeiros, deixoulle o lombo quente para unha semana.
Peliqueiros de Laza |
Coa
chegada da democracia, de novo o estoupido popular, satírico e
festivo do Entroido, sempre atento a modas e costumes, volveu a
encher as rúas de barullo e ledicia co apoio das institucións
municipais e escolares (garderías, colexios e institutos) que
contribúen a espallar na conciencia popular a semente desta
tradición milenaria.
- Ovidio-Fastos .715-735-780
- Mitología griega y romana . Juan Humbert.
No hay comentarios:
Publicar un comentario