¡Case
non hai castiñeiros!
Os
que hai son de respeto:
¡velliños,
orfos, tristeiros
e
con furados de peto..!
Manuel María
A
cousa que máis me gusta da Galicia interior e a súa vexetación
autóctona, eses soutos centenarios acubillo de paxaros e ourizos que
foron a base da alimentación dos labregos durante séculos. Por eso
cando ollei para o vello castiñeiro que dende o seu tronco cheo de
cicatrices reverdecía entre os máis novos tiven que
sentarme nel e pararme a pensar nos milleiros de historias que se
agocharían dentro da súa savia centenaria que transportaba
vitalidade ás novas ponlas que cada ano reverdecían.
Escoita,
dicíame, hai xa dous mil anos que o poeta Ovidio (1), ao final da súa
vida, quixo agasallar a Germánico cunha obra literaria que
cantara as festas e cirimonias do calendario romano. Seis libros en
verso dedicados aos seis primeiros meses do ano. explicando a orixe e
celebracións de cada un.
MAIO
“Noutro
tempo,
era grande o respeto dispensado a unha cabeza con canas, e as arrugas
dos vellos eran obxecto de consideración. Os xóvenes administraban
a obra de Marte e as guerras animosas e mantíñanse nos seus postos
de defensa dos deuses de cada un; a idade, disminuida nas súas
forzas e inutil para soster unha arma, moitas veces, co seu consello,
era de axuda para a patria.
A
curia abriuse entón só para os de anos maduros e o apacible nome de
Senado procedía da idade (senior).
Os máis vellos daban leis ao pobo, e fixáronse límites de idade
con leis determinadas para ser candidato a un cargo a partir deles.
O
vello marchaba no medio dos novos, sin que estes o tomasen a mal e si
só o acompañaba un, na parte de dentro (á
dereita) .¿Quen
se ía atrever a dicir palabras ruborizantes na presenza dun maior?
A
censura proporcionáballe unha prolongada vellez. Rómulo reparou
nisto e chamou pais aos individuos que tiña seleccionado; a eles
confioulles o goberno da cidade. Por elo, síntome tentado a pensar
que os maiores deron o nome a maio, e deste xeito se guiaron pola súa
idade. E Númitor pudo decir : Rómulo asigna este mes aos maiores.”
Por
eso o Dereito Romano é a base da lexislación da nosa sociedade
porque as leis foron concebidas e redactadas pola experiencia e a
sabeduría que proporciona a madurez e o discurrir da vida.
Seguín
camiñando polo medio do fermoso souto gozando da paz e a
tranquilidade que transmitía, parándome de cando en vez e
acariñando os vigorosos troncos que durante centos de anos foron
conservados polos nosos paisanos.
O
día que aprendamos a valorar o que vale unha árbore entenderemos
que son un agasallo da terra para falar co ceo que os escoita.
(1)
Publio Ovidio Nasón (43a.C.-17 d. C.) -Fastos.Maio 55-60-65-66.
No hay comentarios:
Publicar un comentario