Dábanse bico-las pombas,
voaban as anduriñas
xogaba o vento coas herbas,
pobradas de margaridas
y as lavandeiras cantaban
mentra-la fonte corría.
…..
Rosalía de
Castro
Aquela mañá do 17 de
maio de 1984 todos puidemos admirar os fermosos murais cos que o
alumnado do Colexio Público de O Coto decorou o peche do Centro ao
longo da Rúa Rosalía de Castro, para conmemorar o
Día das Letras Galegas. Foran dous días de intenso traballo pero
deixaron a súa pegada ao longo dos anos, lanzando a mensaxe aos que
por alí pasaban.
A Real Academia Galega
declarou en 1963 a homenaxe aos escritores que
destacaran na creación literaria e no apoio e a difusión da Lingua
Galega, elixindo esta data do 17 de maio, aniversario da publicación
en Vigo de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro,
primeira escritora a quen se lle adicou esta conmemoración.
Pero é tamén a festa
da Lingua pois é esa a manifestación senlleira da Cultura dunha
comunidade, dun xeito de ser e de vivir, froito de séculos de
Historia, na que funde as súas raices para tomar a sabia vizosa que
fai que un pobo medre e se expanda entrando na modernidade, co fin de
acadar a meirande cota de benestar dos seus membros. As linguas son
un dos maiores patrimonios culturais da sociedade, deben convivir
entre elas compartindo verbas e expresións o que contribúe ao seu
enriquecemento. Chega botar unha ollada ao Diccionario da Real
Academia Española de La Lengua para constatar que unhas 4.000
palabras árabes figuran nel como vocablos, dende albañil,
azulejo ou baldosa ata azucar, arroz ou zanahoria, pasando polo
alcohol, jarabe ou alambique. Moitas delas tamén incorporadas á
lingua galega. E non foron froito da presión exercida por ese pobo
senón porque convivían entre si cristiáns, musulmáns e xudeos e
había que entenderse.
O poeta Ardeiro falando na inauguración da Rúa Castelao |
O soleado 17 de maio de
1984 os alumnos dos centros públicos e privados do Concello
participaron en tódolos actos que se foron desenvolvendo nesa
xornada. Primeiro a Inauguración da Rúa de Castelao que por acordo
plenario pasaba de ser a prolongación da Rúa do Carmen a recordar
ao insigne rianxeiro. O acto contou coa asistencia das autoridades,
persoeiros do mundo da cultura, asociacións comarcais e veciños .
Logo, no Parque do Coto,
tivo lugar o Festival da Asociación Cultural Afonso Eáns na que se
fixo entrega de premios aos rapaces e rapazas gañadores do Concurso
de Contos dese ano, que foi amenizado por un grupo floklórico da
localidade e a Rondalla do Colexio de Brión.
Ao ser a data un día lectivo, máis de mil rapaces participaron nos actos.
Ao ser a data un día lectivo, máis de mil rapaces participaron nos actos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario