Festa dos Maios-Pontevedra 2018 |
Ahí ven o maio
de frores cuberto....
Puxéronse
á porta
cantándome
os nenos;
i os
puchos furados
pra
min estendendo,
pedíronme
crocas
dos
meus castiñeiros.
Pasai,
rapaciños,
calados
e quedos;
que o
que é polo de hoxe
que
darvos non teño.
Eu
sonvos o probe
do
pobo galego:
pra
min non hai maio,
pra
min sempre é inverno!...
Cando
eu me atopare
de
donos liberto
i o
pan non mo quiten
trabucos
e préstemos,
e
como os do abade
frorezan
meus eidos,
chegado
habrá entonces
o
maio que eu quero.
Queredes
castañas
dos
meus castiñeiros?...
Cantádeme
un maio
sin
bruxas nin demos;
un
maio sin segas,
usuras
nin preitos,
sin
quintas, nin portas,(1)
nin
foros, nin cregos.
MANUEL
CURROS ENRÍQUEZ
Aires
da Miña Terra
1880
(1) Dereito de portas ou portádegoo. Tributo por pasar por determinados camiños públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario