domingo, 19 de junio de 2016

INFANCIA






Picasso (en primeiro plano) coa súa familia en Lagares de Llanes ( Málaga)-1896

Estes días podemos disfrutar, na  Casa da Cultura de Negreira,  dunha fermosa mostra de dibuxos do alumnado do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto. É  un agasallo de colorido e  creatividade dos escolares  máis pequenos e do interese de mestres e mestras por desenvolver a súa capacidade creativa dende a etapa infantil

Coincídenme algunhas destas mostras propias do final do curso académico  coa lectura dun exemplar do xornal LA VOZ DE GALICIA do 21 de febreiro de 1895. Na sección DE SOL A SOL recolle : De un niño de 13 años, hijo del profesor de la Escuela de Bellas Artes, Sr. Blasco, son los dos estudios de cabezas pintados al óleo, que se hallan expuestos al público en el almacén de muebles que en la calle Real tienen los herederos de D. Joaquín Latorre.
No están mal dibujadas, el colorido es acertado y la entonación es bastante buena y todo ello resulta superior si se tiene en cuenta la edad del artista; pero lo que es sorprendente la valentía y soltura con que están ejecutadas, y no dudamos en afirmar que ese modo de empezar a pintar acusa muy buenas disposiciones para el arte pictórico en el infantil artista. Continúe de esa manera y no dude que alcanzará días de gloria y un porvenir brillante.

Retrato infantil-Picasso
Tratábase da primeira exposición  do que logo sería o máis importante pintor do século XX: Pablo Ruíz Picasso.

A lectura atenta deste exemplar evidencia a realidade sociocultural do entorno no que se desenvolvía a infancia de Picasso na Coruña: El sumario contra 36 individuos  que emprendieron hace algunos meses el viaje a La Habana como polizones, a bordo del vapor francés La Normandie, y de cuyo regreso a La Coruña a bordo de un vapor correo de La trasatántica española, dimos cuenta no ha mucho. A Memoria da Sociedad de Beneficiencia de los Naturales de Galicia na Habana onde se recolle o pago de pasaxes a emigrantes enfermos retornados por un total de 4.805 pesos ouro.
Tamén o envío á Dirección xeral de Instrucción pública do expediente para expedición dos títulos profesionais de 29 mestras e 3 mestres e o acordo da Comisión provincial sobre o trámite de aprobación do segundo tramo da estrada de Carballo a Portomouro. Ou dos premios para ese ano dos diversos concursos de disfraces do Entroido.

Importante que proliferen este tipo de exposicións para que tomemos conciencia da necesidade de espertar nos máis noviños o gusto e a capacidade de crear  nun mundo no que se está a impoñer a ditadura das pantallas dende as primeiras idades.












No hay comentarios:

Publicar un comentario