Foto: José Alguero Penedo |
Ao ver esta foto do Notario nicrariense Alguero Penedo, xa o recoñecín. O
negriño que tocaba o violín nas feiras e festas do verán, oficio daquela para
os marxinados que ceibaban as historias sacadas da vida tráxica de algúns.
Ese día puxérono
atrás, entre o que remeda co seu parasol e o da pandeireta, cos
señores da vila e as súas donas disfrutando dun xantar campestre, dándolle un
aquel de exotismo ó ambiente festeiro da
romería. E aí quedou.
Non sei cal foi a forza que o
arrebatou daquel mundo de bananeiros e palmeiras
que movía a brisa do mar baixo o sol do Trópico. Nin quen foi o home rico que o
trouxo na súa viaxe de volta ao mundo da
chuvia como aquel que trae unha mona, un
papagaio ou un fonógrafo… e logo cando morreu tivo que atopar o xeito de gañar
o pan. Na aldea todos lle querían, polo axiña que aprendeu a falar con
enxebreza, a bailar e botar os aturuxos.
Pouco a pouco fíxose mozo e un
día emigrou, como tantos outros veciños, para Cuba. Por iso sei que cando Daniel R. Castelao escribiu a súa
historia non falaba dun persoaxe imaxinario. Por el souben que aos poucos anos tivo que voltar
porque lle roían as soidades: Pobre e cun
traxe branco, pero con moita fartura no corazón. Tamén cun sombreiro de palla. (1)
(1) Alfonso R. Castelao- Cousas.
(1) Alfonso R. Castelao- Cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario