Entereime onte pola
prensa logo da chamada dun amigo que non saía do seu asombro: Unha
cuarta parte do Pazo do Cotón vai ser subastada o 24 de abril na
cidade de A Coruña segundo parece por unha dèbeda tributaria. O
“lote” está formado pola casa, o xardín , os patios a capela
coa vivenda anexa , árbores e fincas integradas neste fermoso
conxunto histórico.
Para os funcionarios e
outras administracións públicas alleos a esta bisbarra non é mais
que unha propiedade catastral cun determinado valor económico. Pero
O PAZO forma parte da esencia de Negreira, da súa orixe. Ademáis do
monumento máis importante foi o edificio ao redor do que se
constituiu este núcleo poboacional, que lle deu o seu nome: O Cotón.
Alí estivo a primeira Casa Consistorial na vila, configurouse a
través dos anos a historia social, política e cultural do pobo.
Negreira non sería o que é sen este monumento.
A capela, cedida polos
propietarios para que fixera as funcións de igrexa parroquial, hai
xa unha morea de anos, restaurada coa aportación económica de
moitos veciños é, alén das crenzas relixiosas de cada quen, o
lugar onde se viñeron celebrando as festas máis importantes para a
nosa comunidade, onde a maioría da nosa xente despide aos seus
seres queridos cando se van e alí se celebran ademáis outras
conmemoracións familiares. O pazo do Cotón forma parte tamén
do patrimonio inmaterial de Negreira.
Varias
familias detentaron a súa propiedade ó longo dos anos e no futuro,
seguramente, seguirá pasando o mesmo, pero introducir outro
copropietario alleo aos actuais, dificultará que algún día este
insigne monumento pase a ser patrimonio público como ocorre nas
sociedades máis desenvolvidas cos monumentos importantes.
Os procesos
administrativos poden pararse ou modificarse cando o interese xeral
así o require e sempre se lles pode buscar outras alternativas ás
decisións adoptadas e este é un caso no que estaría sobradamente
xustificado, porque o noso patriminio cultural e inmaterial non
pode ser tratado como unha simple mercancía.
En Galicia, cando se lle
fai un dano grave a alguén dise que se lle “partiu a alma” e
iso é o que se pretende facer coa parte fundamental da memoria
histórica do noso pobo.
Tés toda a razón, Manolo, coma sempre, claro!!
ResponderEliminar