Algunhas autoridades
europeas parece que están dispostas a defender o patrimonio urbano e
monumental contra o ataque dos cenutrios. Unha turista foi detida en
Roma pola policía por tallar as súas iniciais nunha das pedras do
Coliseum e, a finais do ano pasado, outro foi multado con 20.000
euros por algo parecido. Estas actitudes incívicas de emporcar as
paredes das cidades e deteriorar os monumentos non son nada novo.
Hai anos, nunha viaxe á Illa da Toxa, un exército de “guiris”
afanábase en rotular o seu nome nas cunchas que cubren a fermosa
capela. A miña filla, que daquela tiña cinco anos, preguntounos se
ela tamén podería facer o mesmo. A resposta foi rápida:
-Non se pode, porque
se deterioran os monumentos.
-E logo porque algúns
o fan?
-Porque son uns
ignorantes.
Unha señora que estaba
tutorando a varias grafiteiras berrou:
-Niña...que ezte zeñó
te eztá llamando ignorante..!
Disculpe, señora,
resposteille, non me refería a ella sinó a todos ustedes,
especialmente a los adultos.
Praza de Lugo- A Coruña |
Nas
pasadas eleccións locais, na Praza de Lugo da cidade herculina, un
concelleiro repartía folletos pedindo o voto, fixenlle unha foto á
cabina telefónica que tiña ao lado e pregunteille se eso non
entraba no Programa. Puxo cara de non entender e seguiu repartindo
papeis.
Nos últimos anos o deterioro dalgunhas cidades resulta escandaloso, sobre todo dende que os centros comerciais arruinaron as rúas céntricas e o peche de establecementos foi acompañado dun ataque grafiteiro contra as fachadas e persianas, que fan lembrar o barrio do Bronx. O casco histórico de Santiago de Compostela (Patrimonio da Humanidade) está feito un cromo e abonda un paseo pola Rúa das Orfas para tomar conciencia do problema. A cidade da Coruña, por outra banda, xa pode presumir de ter as fachadas máis emporcadas de España, transmitindo unha imaxe noxenta.

Os
pobos e as cidades son unha proxección do nivel cultural dos seus
moradores e tamén dos gobernantes. Os cambios que se produciron
estes días nalgúns concellos terán que supor unha profilaxe
urbana en todos os ámbitos.
A ver....
A ver....
No hay comentarios:
Publicar un comentario