( Foto López Tuñas) |
Agás as de todos os
cines galegos que se abrirán o día 21 deste mes de novembro para
permitirnos gozar dun agasallo cinematográfico baseado na obra do
escritor ourensá Eduardo Blanco Amor (1897-1979). A
ESMORGA, unha das primeiras novelas galegas da posguerra
traducida ao castelán, catalán, italiano, francés e inglés, que
xa conta cunha versión cinematográfica do ano 1977 titulada “
Parranda”, e tamén foi levada ao teatro.
A troula desenfreada
durante 24 horas de Aladio, o Milhomes, ou Papaganduxos, ou
Setesaias ou o Maricallas. Cipriano Canedo, Cibrán, O Pega ou
o Castizo, tamén o Tiñica ou o Puchapodre, porque de rapaz tivera a
tiña e duroulle ata mozo, por eso andaba coa gorra moi apegada.
Xanciño, O Boca, ou o Alifante ou tamén Peitodemacho. A
cinta vainos permitir visualizar un texto mítico das letras galegas,
pasando a formar parte da filmografía que nos trae ao
recordo películas tan inesquecibles coma Sempre Xonxa, de Chano
Piñeiro (1989), A lingua das volvoretas (1999), O
lápis do carpinteiro ou O bosque animado.
Está dirixida por
Ignacio Vilar e é unha coproducción de Vía Láctea Films e a
senlleira Editorial Galaxia. A primeira proxección pública tivo
lugar no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense. No seu
reparto conta con populares e fantásticos actores como Miguel de
Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ”Morris”.
(Foto López Tuñas) |
….¡ Que ben se
estaba, sandiós, na morneza daquela bodega, que hastra daba preguiza
o porse a pensar que aquelo finaría de alí a pouco e que un tería
que saír e apandar outra vegada coa chuvia, co vento, coas cousas do
mundo cabrón...!
( A ESMORGA)
"Namentras eu
cavilaba, os outros cantaron, bailaron e pintaron a rabia facendo
cantas tolerías se lles ocurreu...."
Como curiosidade mencionar , que si algen se acorda de aquel personaxe que facía voar aqueles enxendros como pombas na praza do Obradoiro , e así convencernos pra sua compra . Pois e curioso o que se ten que adicar un , o non poder realizar un o que mais lle gosta , en este caso director de cine , si señores Ignacio Vilar.
ResponderEliminar