lunes, 17 de noviembre de 2014

ÍAN FECHANDO PORTAS....



                                                                           ( Foto López Tuñas)


Agás as de todos os cines galegos que se abrirán o día 21 deste mes de novembro para permitirnos gozar dun agasallo cinematográfico baseado na obra do escritor ourensá Eduardo Blanco Amor (1897-1979). A ESMORGA, unha das primeiras novelas galegas da posguerra traducida ao castelán, catalán, italiano, francés e inglés, que xa conta cunha versión cinematográfica do ano 1977 titulada “ Parranda”, e tamén foi levada ao teatro.

A troula desenfreada durante 24 horas de Aladio, o Milhomes, ou Papaganduxos, ou Setesaias ou o Maricallas. Cipriano Canedo, Cibrán, O Pega ou o Castizo, tamén o Tiñica ou o Puchapodre, porque de rapaz tivera a tiña e duroulle ata mozo, por eso andaba coa gorra moi apegada. Xanciño, O Boca, ou o Alifante ou tamén Peitodemacho. A cinta vainos permitir visualizar un texto mítico das letras galegas, pasando a formar parte da filmografía que nos trae ao recordo películas tan inesquecibles coma Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro (1989), A lingua das volvoretas (1999), O lápis do carpinteiro ou O bosque animado.

Está dirixida por Ignacio Vilar e é unha coproducción de Vía Láctea Films e a senlleira Editorial Galaxia. A primeira proxección pública tivo lugar no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense. No seu reparto conta con populares e fantásticos actores como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ”Morris”. 



                                                                                       (Foto López Tuñas)


.¡ Que ben se estaba, sandiós, na morneza daquela bodega, que hastra daba preguiza o porse a pensar que aquelo finaría de alí a pouco e que un tería que saír e apandar outra vegada coa chuvia, co vento, coas cousas do mundo cabrón...!

                                                                                                            ( A ESMORGA)


"Namentras eu cavilaba, os outros cantaron, bailaron e pintaron a rabia facendo cantas tolerías se lles ocurreu...."




1 comentario:

  1. Como curiosidade mencionar , que si algen se acorda de aquel personaxe que facía voar aqueles enxendros como pombas na praza do Obradoiro , e así convencernos pra sua compra . Pois e curioso o que se ten que adicar un , o non poder realizar un o que mais lle gosta , en este caso director de cine , si señores Ignacio Vilar.

    ResponderEliminar