Encoro Barrié de la Maza ( Foto López Tuñas) |
As imaxes dos incendios
impresionan e a Natureza calcinada só produce tristura. O peor que
podía pasar pasou, logo do lume chegaron as choivas, as riadas.
Hai poicos meses as lapas
arrasaban máis de 16 mil hectáreas de monte en Galicia, segundo o
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en máis
de tres mil incendios, algúns deles de grandes proporcións.
O concello de Negreira
volveu a ser de novo protagonista nos medios de comunicación pola
magnitude dos mesmos especialmente na zona alta do Concello, nas
parroquias de Liñaio e Barbazán, superando as 600 hectáreas de
superficie queimada. Os técnicos falaban do problema que causaría
ao solo as riadas que se poideran xerar nun inverno especialmente
chuvioso. E os malos augurios cumpríronse. As características
orográficas das zonas afectadas, con elevadas pendentes, están a
someter ás ladeiras a unha forte erosión que impedirá, de seguro,
que a superficie queimada se recupere coa relativa celeridade con que
adoita facelo nas zonas atlánticas.
EROSIÓN ( Foto López Tuñas) |
O encoro Barrié de
la Maza, no río Tambre, entre os concellos de Brión e Negreira,
recolle as augas das pendentes que foron especialmente afectadas
polas lapas. É desolador contemplar a superficie queimada, os
danos producidos no ecosistema forestal e a perda de materia orgánica
que da lugar a unha degradación progresiva do medio. Tristura
produce ademáis a destrución da paisaxe, de por si importante polo
seu carácter emotivo, cultural ou ecolóxico, pero tamén o impacto
sobre o solo, a fauna e a calidade da atmósfera que esta praga
conleva.
Estes días as madeireiras
están a traballar. As riadas
arrastran ao fondo do río Tambre toneladas de sedimento, xa de por
si escaso nos solos forestais, e polos caborcos van quedando as
ponlas, follas e materia orgánica que a choiva arrastra día tras
día, deixando ás ladeiras peladas.
DEFORESTACIÓN ( Foto López Tuñas) |
Agora, a agardar anos a
que o chan recupere a materia orgánica que se foi e que, de novo,
medren outras prantas; uns 20 anos para as especies máis
rápidas e 30 ou 40 para as pináceas. Que pouco a pouco os animais
volten a ocupar o seu hábitat. E que o aire reciba de novo o osíxeno
que estas especies desaparecidas lle suministraban para purificalo.
As estradas rurais son víctimas tamén do excesivo tonelaxe |
No hay comentarios:
Publicar un comentario