……
Por el cinco de enero
en la majada mía
mi calzado cabrero
a la escarcha salía.
…….
(Miguel Hernández)
Hoxe é noite de deitarse cedo para os nenos que agardan inquedos a chegada dos Reis Magos, no vaia ser….
A chegada dos Reis, o 6 de xaneiro, é unha antiga tradición no occidente cristián. Noite de ilusión infantil e de sono inquedo polas pisadas dos camelos que cada ano parecen escoitarse. A maioría colocarán os seus zapatos na fiestra ou debaixo dese piñeiro de cores con que en moitas casas se recibe a chegada do Nadal. Ou a carón do Nacemento, onde a tradición aínda perdura.
A primeira referencia ós Reis Magos atopámola no Evanxeo de San Mateo: “. ...E uns “magos” viñeron de Oriente a Xerusalén E ó ver ó neno coa súa nai María, puxéronse de xeonllos, adorárono e abrindo os seus tesouros ofrecéronlle ouro, incienso e mirra”. Logo, fixéronse numerosas especulacións sobre o seu lugar de procedencia e o número deles.
Catedral de Colonia:Reliquias dos Reis Magos |
Cóntase que ós Magos convertiunos Santo Tomás e logo sufriron martirio. Os seus restos foron levados a Milán e no século XIII trasladados á catedral de Colonia onde se gardan os seus cráneos nunha espléndida furna de ouriveiría.
Por iso hoxe saen ás rúas as fachendosas cabalgadas nas que as SSMM reparten sorrisos, ilusións e esperanzas á rapazada das nosas cidades e pobos. Pola noite aparecerán os agasallos para os que foron bos durante o ano e algún carbón para os que non o foron tanto.
E para os maiores, este fermoso poema do noso Miguel Hernández, “Las desiertas abarcas”, moi apropiado para os tempos que estamos a vivir.
Por el cinco de enero
Cada enero ponía
Mi calzado cabrero
A la ventana fría.
Y encontraban los días
Que derriban las puertas
Mis abarcas vacías
Mis abarcas desiertas.
Nunca tuve zapatos
Ni trajes ni palabras
Siempre tuve regatos
Siempre penas y cabras.
Me vistió la pobreza
Me lamió el cjerpo el río
Y del pie a la cabeza
Pasto fui del rocío.
Por el cinco de enero
Para el seis, yo quería
Que fuera el mundo entero
Una juguetería.
Y al andar la alborada
Removiendo las huertas
Mis abarcas sin nada
Mis abarcas desiertas.
Ningún rey coronado
Tuvo pie, tuvo gana
Para ver el calzado
De mi pobre ventana
Toda gente de trono
Toda gente de botas
Se rio con encono
De mis abarcas rotas.
Por el cinco de enero
De la majada mía
Mi calzado cabrero
A la escarcha salía.
Y hacia el seis mis miradas
Hallaban en sus puertas
Mis abarcas heladas
Mis abarcas desiertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario