martes, 12 de mayo de 2020

CANTARES DE EANES do COTÓN




Pazo do Cotón-NEGREIRA
Afonso Eanes do Cotón, un dos trobadores maís importantes da lírica medieval naceu nese lugar, que agora se chama Negreira, onde se ergue o pazo que leva o seu nome que  é tamén o da Asociación Cultural da comarca barcalesa. As súas cantigas de amigo, escarnio e maldizer estiveron centos de anos agochados en cancioneiros e volúmes nas bibliotecas de reis e señores, entre eles o Cancioneiro Portugués da Vaticana e na Biblioteca Nacional de Lisboa. Pero falar dos poetas sen cantar os seus versos é como coidar un xardín sen flores.

I

-Ai meu amigu´e meu lum´e meu ben;
vejo-vos ora mui trist´e por én
quería saber de vós ou de alguen
que est aquest´ou por que o fazedes.
-Par Deus, senhor, direi-vos ua ren:
Mal estou eu se o vós non sabedes.

-Mui trist´andades á mui gran sazon
e non sei eu por que nen porque non;
dizede-mi ora, se Deus vos perdon,
que est aquest´ou por que o fazedes.
-Par Deus, ¡ai coita do meu coraçon!,
mal estou eu se o vós non sabedes

-Vós trist´andades e eu sen sabor
ando porque non soo sabedor
se volo faz facer coita d´amor
ou que est ou por que o fazedes .
    Par deus, ¡ai, mui fermosa mia senhor!,
mal estou eu se o vós non sabedes.

-Mui triste andades e non sei eu
o por que é poilo non vej´eu
Dizede-mi-o, e non vos sexa greu:
que est aquest´ou por que o fazedes.
-Par Deus, senhor, ¡ó mia coita e meu
mal estou eu se o vós non sabedes!

(senhor=señora)

Naquela sociedade feudal onde a maioría da poboación campesiña mantiña aos grupos privilexiados, tamén estes dependían doutros señores máis importantes. Afonso Eanes, pertencente á baixa nobleza, deixou as terras do Tambre formando parte da mesnada de D. Rodrigo Gómez, Conde de Traba e señor das terras de Trastámara, as que pertencián as actuais de Negreira, para participar nas guerras da Reconquista de Al-Ándalus que mantiña Fernando III en  Sevilla (1234), Córdoba (1236) e Jaen (1246).





IV

As miñas jornadas vedes quaes son,
meus amigos, meted'i femença; (atención)
de Castr´a Burgos e end´a Palença,
e de Palença sair-mi a Carrión,
e end´a Castro. E, Deus mi de conselho
ca vedes, pero vos ledo semelho,
muit´anda trist´o meu coraçon.
.....

Durante anos andivo polas terras de Castela e Portugal na compaña de nobres, soldados e trobeiros, como Pero da Ponte que foi o seu discípulo. Entre os anos 1241 e 1244 sitúase en Portugal e ademais de ser moi considerado como soldado tamén o foi como home de letras moi ben relacionado co melloriño da nobreza da corte de Toledo e Portugal. A súa obra consta de vintecatro cantigas de amigo (amado), amor, escarnio e maldizer, aínda que ao parecer varias que se consideran anónimas atribúense a Afonso Eanes. Algunhas delas consideradas algo máis que eróticas.

Moitos foron os escritores que recollen a obra de Eanes do Cotón, dende o Rei Afonso X O Sabio que nunha das súas cantigas acusa a Pero da Ponte de presumir atribuíndose cantigas do seu mestre Cotón ata D. Ramón Menendez Pidal, o santiagués López Ferreiro, Xosé María Álvarez Blázquez ou o mesmo Xulián Magariños Negreira. Pero sen dúbida, para coñecer a vida e a obra do noso trovador é fundamental o Libro dos Cantares de Afons´Eans do Cotón, da profesora e traductora Silvia Garpar, que foi galardoado co Premio de Investigación Histórica Vila de Negreira de 1995, e editado polo Concello. Segundo o Xurado merecedor desta distinción “Pola súa estructura, boa organización e exhautivo estudio da obra do trobeiro”.


III

Quando se foi meu amigo
jurou que cedo verría,
mais, pois non veu falar migo,
por én, ¡por Santa María,
nunca mi por el roguedes ,
ai, donas,fe que devedes!

Quando se foi fez-mi preito (prometeume)
que se verría mui cedo,
e mentiu-m'i, tort´afeito ; (portouse mal)
e pois de mi non á medo,
¡nunca mi por el roguedes,
ai, donas, fe que devedes!

O que vistes que dizia
que andava namorado,
pois que non veio o día
que lheu avia mandado,
¡nunca mi por el roguedes ,
ai, donas,fe que devedes!


Afonso Eanes do Cotón pasou os últimos anos da súa vida nas tabernas, no xogo e a manter continuas relacións coas soldadeiras, a algunhas delas adicoulle cantigas, o que o levou a morrer de xeito violento en Vila Real, hoxe Ciudad Real, onde lle puxeron o seu nome a unha rúa e o grupo de Música Antigua Eanes tamén o leva. Nesa cidade manteñen vivo o seu recordo o mesmo que en Negreira, O Cotón,  lugar de nacemento.

Hoxe é considerado un dos trobeiros medivais máis importantes da lírica galego portuguesa .

XIII
…..
…....

E outras artes sab´el moi mellor
que esas todas de que vos falei.
Diz das luas como vos direi:
que x´as fezo todas Nostro Senhor.
E dos estomentos diz tal razon:
que mui ben poden eles fazer son
todo homen que én seja sabedor.



Ciudad Real







No hay comentarios:

Publicar un comentario