Maqueta da máquina voadora de Leonardo da Vinci
A estrea dunha serie sobre Leonardo da Vinci na primeira cadea da TVE foi precedida por unha interesante exposición sobre este xenio do Renacemento na cidade de A Coruña que foi visitada polo alumnado dos centros escolares ademáis de numeroso público que cada día puido disfrutar desta mostra audiovisual e interactiva, grazas á iniciativa do Concello da cidade herculina.
Leonardo da Vinci (1452-1519) que foi pintor, arquitecto, cintífico, escritor, escultor, en fin....home de Ciencia, é un dos máis importantes xenios universais que partindo da observación da Natureza aportou imnumerables coñecementos que deron lugar a numerosos inventos como o helicóptero, o submarino ou o automóvil. Leonardo foi o precursor de numerosos avances científicos que melloraron a forma de vida das persoas.
Leonardo da Vinci
A exposición audiovisual e interactiva foi complementada con grandes maquetas baseadas nos debuxos de Da Vinci, como a máquina voadora inspirada na observación do voo das aves, que utiliza pedais, poleas, cables e pancas para compensar a falta de forza dunha persoas en comparación coa forza natural dun paxaro, na que o piloto vai deitado sobre unha plancha e activa as ás flexibles cos pés.
O " Tornillo Aéreo" que poderíamos consideralo como un proxecto que pretende demostrar a densidade do aire e que un parafuso xiratorio podería atravesalo. No seu debuxo explica que se propón construir un modelo de cartón activado cun resorte metálico chamado "helicóptero" o que é unha exploración teórica sobre as posibilidades do parafuso de Arquímides. A máquina para impulsar os barcos mediante pás que substitúan aos remeiros ou o Home de Vitrubio sobre a perfección matemática do corpo humano. Todo acompañado das didácticas explicacións dunhas monitoras que transmitían as ideas e creacións deste importante persoeiro da cultura universal facendo moi agradable a visita a esta interesante exposición.
Os fermosos xardíns de Mendez Núñez que voltan a ser un exemplo de como se deben cuidar e conservar os espazos naturais, foron durante estes días- e están a ser- un lugar didáctico, educativo e de lecer para todos aqueles que queiran disfrutar do enorme patrimonio que esta fermosa cidade conserva.
Podo asegurarvos que dende o alto do monumento e apoiado na súa lira Curros Enríquez chiscoume un ollo como querendo dicir aquela frase dun mestre rural da súa época: "A Cultura é algo que abre os ollos da xente"
No hay comentarios:
Publicar un comentario