Homenaxe a D.José Reino Caamaño na Robleda do Cotón |
O francés Nicéphore Niépce inventou en 1824 a fotografía, cun
procedemento muy primario mellorado polo pintor Daguerre para
facelo accesible a todos.
O
invento espertou tanto interese que o 15 de xuño de 1839, un grupo
de deputados propuxo á Cámara que fose adquirido polo
Estado e se fixese público (1). Os primeiros fotógrafos eran
retratistas e posibilitaron que a burguesía formada polos comerciantes e artesáns: reloxeiros,
sombreireiros ou zapateiros accederan ao retrato para destacar a súa
importancia social, nesa altura era un privilexio da nobreza a través
dos pintores.
A
reproducción das imaxes utilizando placas e a mellora dos
obxectivos favoreceron a súa utilización na prensa con fotografías
sociais, de guerra e de acontecementos políticos, pasando a ser un
documento fundamental para o coñecemento da nosa sociedade.
HOMENAXE
A REINO CAAMAÑO
A fotografía anterior pertence a unha homenaxe ao avogado e xuiz
D.José Reino Caamaño,veciño de Cores (A Baña), que tamén
foi Maxistrado e profesor de Dereito na Universidade de Santiago de
Compostela, co gallo de sair elixido deputado a Cortes como independente nas eleccións
de 1931. Foi un documento que, coa axuda do meu pai, facilitoume o
acceso ao coñecemento da Historia Contemporánea durante a miña
infancia.
Acompañado
polo Alcalde de Negreira Victoriano Fabeiro e outras persoalidades
locales e veciños como o Notario Ángel Pardo de Vera, Enrique Fernández, Luis
Osuna. Cipriano González e o seu fillo Julio que durante anos
exerceu de médico en Negreira e foi concelleiro independente nas
primeiras eleccións democráticas de 1979, Antonio G. Salderini,
José Figueiras, Andrés Freire, Vicente Guzmán (Pacheco), Manuel López ou Manuel
González. Moitos deles
protagonistas da política local e a actividade social desa época.
HOMENAXE
A NOVOA SANTOS
Homenaxe a Novoa Santos (Foto José Rubira) |
Por
outra banda tamén tivo lugar esta homenaxe ao deputado
electo nas mesmas eleccións, o catedrático de Medicina en Santiago
(1912) e logo na Universidade de Madrid (1928), Roberto Novoa
Santos, que se presentou pola Federación Republicana Galega e recolle esta imaxen.
Coñecido pola súa valía científica e pola militancia
antifeminista, tanto en algunha das súas obras como nas intervencións que tivo no
Congreso do Deputados.
A
fotografía, na Rúa do Carmen de Negreira, amosa as pancartas de
apoio dos seus seguidores, coa presenza entre eles do escritor Xulián
Magariños, baixo da pancarta dianteira, e de Benigno Ruso que logo
foi alcalde de A Baña durante moitos anos (primeiro á esquerda).
Dous dos protagonistas deste acto, Novoa Santos e Xulián
Magariños faleceron por enfermidade ao pouco tempo (1933 e 1934
respectivamente).
As
dúas totografías constitúen unha mostra da
vida na etapa republicana en Barcala.
Pero ademáis da
importancia política dos documentos gráficos, os fotografos locales
tamén se preocuparon por recoller a realidade social. Todos eles
persoas cultas intentaron plasmar nas súas imaxes os distintos
estratos da primeira metade do século XX pasando de ser
simples retratistas a fedatarios da vida cotiá.
Nenas da aldea (J. Alguero) |
Tanto José Alguero como
Francisco Rubira, Notario e Farmacéutico de profesión, respectivamente, durante a súa estancia en Negreira non foron alleos ás diferenzas económico sociais entre a
vida urbana e vilega e as familias que vivían nas aldeas da comarca
barcalesa.
Alguero Penedo, escritor e poeta foi membro da Real Academia Galega e Francisco
Rubira fíxose coñecido polas súas reportaxes gráficas na revista
Vida Galega, onde ademáis de fermosas vistas da súa Vila natal
reflectiu unha variedade ampla de tipos populares da comarca.
Ata esa época, as
persoas só podían contemplar a realidade nas rúas, nas
plazas ou na aldea pero coa fotografía facilitabase o acceso a esa visión de xeito permanente e recollendo o punto de vista do
fotógrafo que transmite a través das súas instantáneas,
perpetuando así a persoeiros e situacións cotiás que nos permiten
hoxe trasladarnos a épocas máis lonxanas e facelo a través da
verificación fotográfica que amosan as imaxes e que proporcionan unha análise máis clara do noso pasado, fonte
imprescindible de coñecimento para entender o funcionamento da
sociedade actual, sempre froito da herdanza histórica.
Foto de Familia (J.Alguero) |
A
importancia destes documentos gráficos, que en ocasións aportan
tanta información coma outros escritos, está dando lugar a que
algúns concellos como Brión ou Oroso dispuxeran a
creación de cadanseu arquivo, recollendo entre o vecindario aquelas
fotos que poden resultar de máis interese histórico, social ou
etnográfico e publicando regularmente revistas con elas como
elemento de formación para o seu vecindario.
(1) Fotografía e Sociedade-Giséle Freund-1974
No hay comentarios:
Publicar un comentario