Había días que un fermoso paporroibo entraba e saía dunha maceta
de xeranios na porta da casa, pouco a pouco foi carrexando musgo para
facer o seu niño. Colocadiño entre as ramas e flores arranxou o seu
fogar. Co paso dos días empezou a posta, seis oviños con
motas foi toda a súa fachenda. Entraba e saia cada día a cazar a
ración de insectos para seguir quentando os oviños que traerían as
súas crias. A cousa estaba segura porque coa reclusión que estamos
a sufrir, ninguén, de seguro, o ía molestar e a súa crianza estaba
asegurada.
Polo mediodía cando abrín a porta, alí diante, esmagado no
chan estaba morto o fermoso paporroibo ao lado dunha flor de xeranio.
Sentín lástima ao collelo, vin a pranta esgazada e os oviños que
aínda seguían no niño. Seis paxariños menos que non nos alegrarán
a primavera cos seus cánticos nin limparán de insectos as nosas
rúas.
A veciña do edificio que está ao lado da casa, miraba seria no
balcón e berroume: ¡Ben o vin, ía pola acera e quedou mirando
como o paxariño entraba na maceta; ó ver que non saía achegouse
amodo, arrincouno do niño e esmagouno no chan! ¡Éche a mesma besta
que a finais de ano guindou as macetas que tiñas na fiestra! Estes
días parece que andan adoecidos..!
Alí queda o niño, agardando por algún cuco que se digne incubar a
posta do pobre paxaro.
Como ben dixo Nelson Mandela: El rencor es como tomar
veneno y esperar que mate a tus enemigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario