Para conmemorar o quinto
aniversario do pasamento do escritor, economista e intelectual JOSÉ
LUIS SAMPEDRO celebrouse o pasado 3 de abril na Biblioteca
que leva o seu nome, no madrileño barrio de Chamberí, un fermoso
acto presentado pola súa viuda Olga Lucas. José Luis ademáis de
brillante novelista foi un intelectual lúcido e comprometido que
comparaba á liberdade das persoas coas cometas.
A cometa foi un dos
xoguetes preferidos dos rapaces doutra época. Para a súa
construcción, daquela os Reis Magos viñan unha soa vez e non para
todos, había que dispor dos materiais:
cumpría conseguir unha cana de escoba para fabricar a estructura con
todos os elementos dispostos xeométricamente, botar varios veráns á
caza dos tutos dos foguetes que os días de festa caían do ceo, en
competición co resto dos compañeiros; deses tutos sacábase o
cordel que forraba o recipiente da pólvora para ir envolvéndoo nun
pau. Da cantidade de cordel dependía logo que a cometa voara máis
ou menos alto. Para a construcción, unha vez cuberta con papel de
celofán de cores, cumpría colocarlle os tirantes e o rabo, tamén
de fragmentos de papel amarrados ao longo del.
O proceso de fabricación
das cometas precisaba dunha habilidade e unha constancia da que non
dispoñían todos os rapaces. Pero a liberdade humana requeriu dun
proceso moi longo, séculos e séculos de sometemento da maioría das
poboacións á tiranía das clases máis poderosas. Millóns de
persoas que sacrificaron as súas vidas e tremendos sufrimentos para
conquerir ese dereito fundamental recollido nos Principios da
Revolución Francesa: Liberté, Egalité, Fraternité. E logo na
Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aínda que na maioría
dos países non se teña hoxe.
Dicía J. Luis Sampedro
que si lanzas a cometa ao aire non voa pero si a atas resistirá ao
vento e subirá. O cordel é a libertade responsable frente aos
demais, porque os dereitos das persoas rematan onde
comenzan os dos outros. A base da democracia consiste en elaborar
unhas leis entre todos e logo alguén que as faga cumprir. Os
dereitos e as obrigas son un matrimonio indisoluble, si non cumpres
coas leis os dereitos pérdense. É a corda que fai que a liberdade
poida acadar cotas cada vez máis elevadas.
As consecuencias da
política dos modernos “libertarios” que só pretenden os seus dereitos, hai que buscalas na Historia
dos anos trinta do pasado século e a axuda indirecta que supuxo para
rematar coa democracia que os sectores máis ilustrados da nosa
sociedade pretenderon construír.
Nós, dicía o
tamén membro da Real Academia Española de la Lengua, temos que
educar en contra da mala educación que nos dan. Educación para
formarse e non para a eficacia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario