Hai uns días cando fun mercar o
xornal leveime unha agradable sorpresa, no escaparate da librería estaba unha
reedición de El Florido Pensil,
fermoso libro de Andrés Sopeña que
reflicte o que foi a educación primaria
na pasada ditadura, nun relato retranqueiro. En A
flor da figueira fago referencia á importancia desta publicación, que tamén
foi levada ao teatro e ó cine, para disfrutar da súa agradable lectura.
No meu pobo hai dúas librerías,
algo que é de agradecer pois permítenos ter información e acceder as
publicacións máis recentes e interesantes segundo o gusto literario de cada
quen. O que parecería unha obviedade non o é. Antonte La Voz
de Galicia publicou unha reportaxe da xornalista Marga Mosteiro sobre a crise do sector literario na capital de
Galicia.
Santiago de Compostela é unha das cidades máis fermosas de Europa. É
un pracer pasear polas súas rúas,
pararse nos escaparates das librerías e gozar das novidades literarias que
amosan. Quero decir que amosaban pois, como
ben di a reportaxe, estes
días pechará outra librería e xa van dez nos últimos anos.
Licenciados en fotocopias
Pero Santiago de Compostela é tamén a
cidade universitaria máis importante de Galicia. O dono da Librería Encontros que vai pechar di
que os universitarios non len, nen
siquera en formato dixital, que se licencian en fotocopias e que a transmisión de ideas a través da escrita é
cousa do pasado, que o que vale son as zapatillas de marca e outras
apariencias. Xa non se trata só da desaparición dun sector do que dependen centos
de traballadores, como é o que xera o libro e a súa edición, distribución e
venda, tamén da difusión
da cultura e do acceso á formación persoal a través dos distintos xéneros
literarios.
Dende que se aplicou ás
administracións públicas o falso
concepto de autonomía polo cal cada quen pode facer o que queira, a deixación
por parte dos que teñen que controlar a eficiencia e a competencia dos investimentos públicos, sobre todo cando
afectan ao futuro da sociedade, fai que as
cousas non vaian como deberan.
Sería interesante a publicación
doutras reportaxes recollendo a opinión
dos representantes do que D. Miguel de
Unamuno chamaba El templo de la
sabiduría. Se é a volta a unha
aprendizaxe totalmente memorística propia dos tempos de El florido
pensil, estamos aviados.
E non se trata de botarse a culpa
uns aos outros: A Universidade aos institutos, estes á Primaria, a
Primaria á Infantil e esta aos pais. É
asumir cada un as súas propias responsabilidades. E os representates públicos a
de todos.
Como decía un famoso persoaxe: Si cada un barrera diante da súa porta,
París estaría limpo nunha hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario