Cando os
emigrantes voltaban nos invernos cansados
traendo
nos ollos longos confíns de sombra,
era toda
a luz da terra aberta,
e as
brétemas eran amadas,
e había
fumes íntimos en mornuras de aromas,
e unha
fonda dozura vexetal de estameñas
nas
lindes das mañás incendiadas.
Cando os
emigrantes chegaban nos solpores
de días
grises de fríos estremecidos,
traían
nas maletas as consignas de Marsella ou Hannover,
e o
corazón latexante de tenruras,
e cálidos
xoguetes de harmonía
para os
meniños de rostos alampados.
Cando os
emigrantes falaban nos bares da noitiña,
a súa
voz ateigábase de almibre e resoancias,
e abríase
unha cor musical de belezas
e
arelanzas de soños imposibeis.
No
nacemento docísimo do inverno,
árdoras
de paz recóndita
eran a
transparencia das noites serenadas.
Cando os
emigrantes voltaban.
O MATIZ ESMERALDA DA SOMBRA
Xosé-M. López Gómez “ ARDEIRO”
1991
- No 8º aniversario do seu pasamento-
No hay comentarios:
Publicar un comentario