Cen anos antes de
Jesucristo os romanos comezaron a utilizar o “caementum” nas
obras públicas, unha mezcla de cinza volcánica procedente do
Vesubio e cal viva. O Panteón de Roma construido por Adriano, coa
súa cúpula de 44 metros toda de formigón cun só lucernario na
parte superior e hoxe utilizado como igrexa, é unha das numerosas
obras importantes do mundo clásico que nos quedou en herdanza.
Na actualidade a obsesión
pola utilización das cimentacións fai que os seus brazos se estendan polas urbes e pobos cubrindo espazos naturais, carballeiras, parques
e sendas coma unha gran ameba que ameaza con ocupalo todo,
transformando as zonas urbanas en xunglas cimentadas onde a
natureza queda relegada a un simple soporte de materiais e
edificacións.
ISAAC CORDAL é un
artista pontevedrés que combina a escultura e a fotografía dun
xeito impactante, pequenas figuras humanas de cemento que vai
colocando en rúas ou prazas das máis importantes cidades europeas
ou nas salas de exposicións, cargadas de crítica e melancolía que fan reflexionar sobre a situación á que está sometido o ser
humano na nosa sociedade e tamén unha chamada de atención ao noso
comportamento como masa social.
Agardando o cambio climático |
Os homes da serie Cement
Eclise con traxe, gravata e maletín, como se fosen traballar nunha
oficina, en actitude pensante ou melancólica, cubriron xa espazos
urbanos de Londres, Berlín, Nantes e importantes cidades de Suecia,
Rusia, Colombia ou México e pretenden ser unha chamada de atención cara o que considera as vítimas da nosa sociedade.
A súa formación
artística comezou nunha escola de canteiros e completouse logo na
Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a súa obra destaca pola
orixinalidade e as composicións que fai coa fotografía. Vive en
Londres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario