Foto: José Alguero |
A fotografía forma parte
das nosas vidas, non hai actividade familiar, social, política ou de
ocio que non quede inmortalizada a través das cámaras dixitais
integradas en diversos dispositivos móbiles. Outórgaselle un
carácter documental porque é un procedemento fiel de reproducción
da vida social e pode ser interpretada como fonte de información ou
como obra de arte. A fotografía, segundo o fotógrafo mexicano Pedro
Meyer, “non é unha linguaxe universal e os códigos dunha foto
poderán descifrarse de maneira tan variada como distinto sexa o
contexto cultural do observador.”(1)
Foi a
comezos do século XX cando as cámaras fotográficas saíron dos
estudos dos retratistas para percorrer as rúas das vilas e cidades e
ser unha clara testemuña do que daquela eran e nelas sucedía, a
través da mirada de algúns membros da burguesía que dispoñían de
medios económicos e coñecementos técnicos para levar a cabo tan
meritoria labor. Grazas ao noso exalcalde Jorge Tuñas Caamaño
estase a recuperar un importante arquivo fotográfico do que foi
ilustre Notario de Negreira José Alguero Penedo, cunha valiosa
colección de fotografía da nosa Vila e os seus habitantes.
Mulleres barcalesas ( Foto J. Alguero) |
Durante
o primeiro terzo do pasado século a vida social de Negreira foi
inmortalizada por tres destacados persoeiros: O notario
José Alguero Penedo, o rexistrador
da propiedade Aquilino Pintos de Castro e o
farmacéutico Francisco
Rubira Fariña. Algunhas das súas fotografías quedaron recollidas en importantes publicacións como VIDA GALLEGA,
revista gráfica mensual editada na cidade de Vigo dende 1909 a 1938
ou en periódicos comarcais, publicacións bastante abondosas naquela
época. A calidade artística e documental das fotografías son ben
destacables, tendo en conta as dificultades técnicas e os
coñecementos que se precisaban.
O
periódico EL BARCALÉS, órgano
da Liga Barcalesa, no seu número do 31 de xullo de 1911
recolle este comentario : “
...La falta de medios en la localidad para esta clase de trabajos y
aún en la ciudad de Santiago, donde el periodico se imprime, fue
causa de que por extravío de las fotografías primeramente remitidas
a La Coruña no apareciesen en el número anterior cual debían...”
J.Alguero sentado á dereita -Rúa do Carmen |
D.José Alguero
Penedo foi Notario na Vila de Negreira entre 1907 e 1922 onde
casou con Josefa Caamaño Rodríguez. Home
ilustrado e tamén afeccionado á música, á poesía e á
escultura, pasou a residir en Betanzos, onde acadou unha importante
relevancia social, segundo reflicten as publicacións da época con motivo do seu pasamento no ano 1956. Alguero Penedo, que foi membro da Real Academia Galega, conta cunha rúa
nesa cidade.
O abondoso arquivo, con
50 documentos gráficos, agora recuperado a través de Alfredo
Alguero, neto do persoeiro, amosa unha gran calidade técnica e
constitúe un importante documento social e etnográfico sobre a
vida barcalesa de comenzos do pasado século.
Rapazas (Foto de J. Alguero)
(1) Sebastiao Salgado/Outras Américas-Universidade de Santiago de Compostela-1992
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario