Que fermosas melloras fixeron na
cidade de A Coruña ao monumento de MANUEL CURROS ENRÍQUEZ !! Toda unha homenaxe ao noso poeta e tamén a unha
das obras máis senlleiras do escultor galego FRANCISCO ASOREY. Nos
xardíns de Méndez Núñez, xunto cos de outras persoalidades de
Galicia: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Daniel R. Castelao,
Manuel Murguía, Eduardo Pondal ou Valle Inclán.
Monumento a Curros ( Foto López Tuñas) |
Foi inaugurado no ano
1934 polo presidente da República Niceto Alcalá Zamora coa
asistencia, entre outras autoridades, do Presidente da Real Academia
Galega, institución promotora, e contando coa axuda económica dos
nosos emigrantes en Cuba e Arxentina. Todo de granito, é tamén unha
loubanza ao mundo do traballo, labregos e mariñeiros, debidamente
representados na escultura que está asentada sobre os monstruos
combatidos polo poeta: o caciquismo, a usura e a inxustiza.
Recordo hai anos o
abandono no que se mantivo este conxunto escultórico, que logo foi
recuperado con sucesivos arranxos e agora luce como se merece. Honra
á cidade lembrar aos persoeiros ilustres e manter viva a memoria de
quen tanto loitou pola xustiza e a dignidade do seu pobo. Os restos
de Curros Enríquez repousan na Coruña, traídos dende Cuba, onde
finou. O seu cadaleito foi acompañado por máis de 40.000
persoas polas rúas da cidade ata o Cemiterio de San Amaro.
Ouh! meiga cibdá da
Cruña,
cibdá da torre herculina,
de xeneracións recordo
máis fortes que as de
hoxe en día,
cibdá que por sobre os
mares
érgue-la cabeza altiva,
cal onte nas túas
murallas
o brazo de María Pita :
¿Que tes nese teu
recinto,
que tes pros que te
visitan,
que conocerte non poden
sin que deixarte non
sintan?
….........
M Curros Enríquez
( Aires da Miña Terra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario