Breogán- A Coruña ( Foto López Tuñas ) |
Luis do Oriel tivo
que facer varias viaxes para librar as mesas de toda a impedimenta que
deixaron un grupo de estudiantes madrileños que, na compaña dun
profesor, veñen percorrer o Camiño de Fisterra. Estaban moi
ledos porque acababan de recibir as notas da Selectividade pero
preocupados, pois algúns deles tiñan os pés cubertos de bochas e
falaban de dividir as estapas e facelas maís curtas.
Estes días, comenta,
aumentou moito o fluxo de peregrinos e peregrinas de todas as
nacionalidades que veñen percorrer o Camiño e nótase na Vila, nas
terrazas dos bares cheas de xente de todas as idades que ramatan aquí
a etapa dende Compostela. Pola estrada, a pé ou en bicicleta,
atopámonos con este fluxo de camiñantes, que veñen a cumprir con
esta antiga tradición.
Un grupo de
mulleres irlandesas pediu que lles servira unha bebida típica
de Galicia. Coa amabilidade de sempre levoulles varias botellas de
augardente, licor café, caña de herbas... explicándolle o proceso
de fabricación de cada unha e as súas características. Logo do
arrecendo, do estudo detido das brevaxes e dun intercambio longo de
opinións, a decisión decantouse pola augardente.
Carlos de Lola observaba
con atención a escea e ocorréuselle decir dende o alto da súa
corpulencia e coa sorna que o caracteriza :
This liquor is manly!
Unha das fillas de
Breogán, ferida no seu feminismo, pegou un bote e de pé, diante da
ollada sorprendida dos presentes, zumbouse de penalty dous cazolos de
aguardente berrando :
THIS LIQUOR IS WOMEN!!!!
Galicia e Irlanda son sen dúbida dúas
caras da mesma moeda.
a AUGARDENTE É UNISEX, jaja
ResponderEliminar