O pasado 8 de marzo o Concello de Negreira adicaballe o Día da
Muller Traballadora a Sofía Rodríguez, nun acto de homenaxe á
muller que finou un mes antes de que se lle tributara tan merecido
recoñecemento, a que pasou a súa vida educando aos máis pequenos.
Case un mes despois finaba tamén a súa irmá Carmiña.
Ese día contabamos como todos os irmáns axudaban na labor docente da Escola da Revisora:
Purita, José autor dos poemas que publicamos neste Blog hai agora un ano e
Manuel, aquel mozo que polo verán nos ensinaba Xeografía no mapa
que debuxaba no campo e que xa ten superado as nove décadas dunha
vida chea de fortalezas. Hoxe remitiume unha ducia de poemas do seu
libro Anduriñas nos que reflicte a nostalxia de vivir
lonxe da súa terra. Recollo eiquí un deles, en homenaxe a esta querida familia.
Nin
chorando nin xemindo
Alexeime
dos teus campos
dos
teus ríos e das fontes,
de
ise ceiño estrelado,
de
isa quietude da noite;
de
ises ventiños norteiros
que
veñen afusquiñados,
coma
fuxindo dos demos
para
quedar no chan sagrado .
Das
augas moinas que caen
e
regan os teus encantos
docemente,
aloumiñando
coma
facendo o miragre,
que
Deus elixiu o Ceio
rincón
tan privilexiado,
que
vos bendice e non sei
si
quedas grorificado.
Pero
si sei na saudade
recoñecer
a virtude
para
quererche máis e máis,
e
sentir esa inquedume,
dos
recordos que me afrixen
cada
día e cada instante,
e
soio unha espranza humilde
poidera
ser que me salve.
Non
escoito os paxariños
que ó
xurdir como amapolas
aló,
de mañá moi cedo
fan
chirrio entre as follas
dos
carballos e ameneiros;
intras
xestas e toxales
de
ises montes sempre cheos
de
vida por todas partes.
Non
vexo os campos cas frores
que
aledan o meu esprito,
que
se alcontra enfermo lonxe
de
ises ventos solermiños
dos
que me alexei un día
e vou
chorando por vida.
Pra
pior desgracia miña:
¡Que
lonxe deles non viva!
Quixera
ser coma o trono
que
espertando ós máis durmidos,
levaran
aos meus saloucos
para
os deixar no chan querido.
Aliviar
esta tormenta
de
penas que levo dentro,
e que
as nubes non alexan
nin
chorando nin xemindo.
Manuel Rodríguez Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario