San Fermín (Pedro Armestre) |
A fotografía, que xa
forma parte da nosa vida cotiá, pode ser tamén un importante
documento social ademais dunha arte.
O galego Pedro Armestre
acaba de ser galardoado co Premio de Xornalismo Ortega y Gasset na
modalidade de xornalismo gráfico pola súa fotografía sobre o San
Fermín do pasado ano. Tamén con anterioridade a mesma foto recibiu
o Premio Internacional Rey de España.
Este documentalista
gráfico de Verín comezou traballando para a axencia de noticias
Europa Press en 1993 e na actualidade, despois de colaborar en
diversos medios informativos, tamén o fai para a axencia
France Press. Distínguese por adicarse a amosarnos a través
da cámara os distintos aspectos da nosa sociedade que merecen ser
destacados, de aí que os premios recibidos proceden tamén das ONG
coas que colabora como Greenpeace ou Manos Unidas que o agasallou o
pasado ano polo seu traballo de xornalismo social e solidario.
Así mesmo foi galardoado
co Premio A Imaxe de Galicia do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia e Novagalicia Banco, pola de un brigadista nun incendio
forestal. As súas reportaxes sobre o drama dos incendios foron
publicadas por diversos medios españoles e internacionais.
A Imaxe de Galicia-2013 |
O traballo de Pedro
Armestre non é froito da improvisación, como bo profesional
planifica as súas tomas e busca a perfección; a foto agasallada
este ano xa fora realizada no 2011 pero, segundo declarou a EL PAÍS,
era moi plana e agardou ata xullo de 2013 a que as condicións de luz
foran as adecuadas para repetila. Tamén o ano pasado tivo que ser
hospitalizado ao recibir unha cornada cando realizaba unha reportaxe
sobre El toro de la Vega. As súas reportaxes fotográficas son
publicadas a miudo en xornais de todo o mundo.
É unha regalía que teñamos
profesionais da comunicación audiovisual coa calidade técnica, o
compromiso e a profesionalidade de Pedro Armestre
No hay comentarios:
Publicar un comentario