( Foto López Tuñas) |
O
Arco de Trunfo da Estrela é un dos monumentos máis importantes
de París, raro é o turista que visita a capital que non se
fotografie diante ou suba ao mesmo para presenciar a fermosa
vista dos Campos Elíseos. A maioría non repara nas inscricións
que nel se recollen das principais batallas de Napoleón ou dos seus xenerais.Construído por Bonaparte o ano 1806 despois
da Batalla de Austerlitz, nese monumento teñen lugar as máis importantes
conmemoracións militares como as da finalización da Primeira e
Segunda Guerra Mundial.
Quizais os coruñeses Victor Lantes e Angel Rodríguez Leira (de Cariño), cando no
alto dos seus blindados encabezaron o desfile da Liberación de París
cos seus compañeiros de La Nueve,entre as aclamacións dos parisinos, non repararon como dende o Arco o nome da cidade (La Corogne), xunto coas outras como Vigo (Vique) ou Burgos, brilaba de orgullo pola compañía de españoles que liberou a cidade da ocupación alemana.
A Batalla da Coruña, coñecida tamén como de Elviña, onde se enfrontaron máis de 30.000 soldados franceses e ingleses dun e doutro bando, foi un dos episodios bélicos da Guerra de
Independencia contra as tropas francesas invasoras da coalición
formada por España, Portugal e o Reino Unido. Tivo lugar o 16 de xaneiro de 1809.
(1) |
Varios
son os monumentos que na cidade lembran a célebre
batalla, como o de Elviña, a tumba do
xeral inglés Sir Jhon Moore no Xardín de San Carlos ou o do militar Diego del Barco no Parque da Maestranza.
(Foto: López Tuñas) |
De novo foi implantada e abolida, como os pasos adiante e atrás que se dan na historia dos dereitos cidadáns de todos os paises.
(1) -La Marcha de la Muerte. La retirada a La Coruña de Sir Jhon Moore,1808-1809 . Cristopher Summerville-Inédita Editorial.
- RELATO DE LA CAMPAÑA DEL EJÉRCITO BRITÁNICO EN ESPAÑA al mando de Su Excelencia Sir Jhon Moore-1809 . James Carrick Moore-Diputación Provincial de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario