J.M. López ARDEIRO |
Agrándase esa levitante presencia da nada
na agonía mesta dos espacios mortos....
E observas, ve-lo máxico silencio da ruína
e recórda-la voz triste do poeta:
... tal vez o nome do ensoño que te inunda
é abatemento?
Poida que non exista a dor do olvido.
E quizais fique unha néboa de nostalxia
saudosa e subxugante.
Derrumbaranse as madeiras e os obxectos:
alea iacta est.
Pero permaneceran as esencias perdurables
que nos levan
a esa amada sensación de soedade.
Lémbrate sempre: o ánimo das cousas
xamais, nunca xamais, perece,
pois tan só se transforma.
E esa luz que emana cálida
da beleza subtil do debuxo,
é a anunciación do nacemento desta folla.
Xosé- Manuel López ARDEIRO
UN XARDÍN NO TEMPO
No hay comentarios:
Publicar un comentario