(Foto López Tuñas) |
Pareime
diante da cristaleira unha mañá de finais do inverno, cando un
tímido sol anunciaba a chegada da primavera. Chamoume a atención o enxeño do escaparatista presentando os produtos que se venden
naquela tenda, alleos ao arte de Euterpe. A relucente trompeta, as
partituras e a actitude relaxada da moza que escoita forman un
conxunto no que parece transmitirnos que nesa cidade todas as artes
forman un só corpo para o disfrute dos sentidos.
Mestres
miraba atentamente esta creación ornamental chegaba ata alí os sons do cambio da garda da Almudaina, a que foi fermosa residencia
dos emires de Palma e nos séculos XIV e XV dos reis de Mallorca.
(Foto Lòpez Tuñas) |
A
poucos metros o Sol proxectaba nas columnas da Seo as cores dos
cristais dos fermosos rosetóns góticos, pasando dunha a outra
segundo o movemento de rotación do noso planeta íalle indicando,
resaltando a beleza e o estilo da catedral. Nas mesmas datas do ano
1838 o músico polaco de ascendencia francesa Chopin admiraba
o espectáculo na compaña de George Sand que asinaba as súas creacións literarias con nome masculino.
Fryderyk
Chopin decidiu pasar os meses de finais de inverno dese ano en
Mallorca na compaña da escritora que aproveitou para narrar
algunhas das peripecias sufridas durante a súa instancia na illa
mentres o músico transformaba en melodía os sons do seu piano
Pleyel, ceibándoas ao ar pola fiestra da súa cela da Cartuxa de
Valldemossa, para que se xuntaran co arrecendo da flor das
laranxeiras e a claridade do sol que acariñaba as plantas da súa
terraza. Tamén para agasallo dos que agora disfrutamos das súas
fermosas composicións. Alí escribía ao seu amigo Fontana:
”Mándoche os Preludios. Volvede a copialos, Wolf e
ti....Dentro dunhas semanas recibirás a Balada, unhas
Polonesas e un Scherzo.... Vivo na miña cella. De vez
en cando disfruto dunhas danzas árabes, un sol africano e un mar
Mediterráneo".
Terraza da cella (Foto L.T.) |
Cando
Chopin fala das súas obras refírese á Balada en fa menor
(op.38 nº 2) adicada a Schumann, a dúas Polonesas, en la maior
e do menor, adicadas a Julien Fontana e o Scherzo en do
sostido menor, adicado a Adolph Gutmann.
A
descripción que George Sand fixo da súa estancia en
Valldemossa, na compaña de Chopin, foi publicada en La Revue des
Deux Mondes en xaneiro, febreiro e marzo do ano 1841 obtendo un gran
éxito e volveu a aparecer no 1842 co título Un inverno en
Mallorca.
Fotografías : J. Manuel López Tuñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario