Martiño
baixa todas as mañás á rampa do peirao para seguir pintando a súa
dorna, de vermello e negro como as dos compañeiros. Amodiño e con
precisión vaina coloreando tentando que quede como nova. Tapando os
embates do mar que ás veces, polo inverno, bate con forza nuns
recantos que no verán manteñen unha prácida calma.
Agora,
dime entre as pinceladas, imos ao polbo e as lulas, pero cando meu
pai era novo estas tradicionais embarcacións eran como os coches que
os levaban dun lado ao outro da Ría de Arousa, ao banco ou a mercar
o que se necesitara na casa. Por iso lle temos tanto agarimo malia
esoutras modernas de fibra, esas que fiquen aí no pantalán para os
que as queiran. É verdade que ademáis dos remos tamén as temos
equipadas cos forabordas, faltaría máis, pero no verán coa vela
depregada é coma unha gueivota cos ás estendidas deixándose
mecer polo vento.
E
importante promover o uso destas embarcacións tradicionais, de feito
dedícaselle algún día de festa nun dos meses de verán como
lembranza do que foi a base do sustento de moitas xeracións e eso
non hai que esquecelo, ¿sabes?.. e logo.... mira que feitiñas son,
todo unha obra de artesanía. Mentres saia ao mar sempre hei
manter a miña dorniña.
Tamén
no meu pobo houbo unha dorna, aínda que hai anos diso.
Veña
home!!! e logo andaban ao polbo polo Tambre , dime rindo a
gargalladas...
A dorna do río Tambre |
Non, foi cando construíron o embalse Barrié de la Maza, a auga
cubriu a Ponte Ínsua e ata que subiron os piares un barqueiro pasaba
á xente dun lado a outro do río, lembro cando eu era pequeno que o
bar de Ramona, que estaba na beira do río, aínda lle chamaban a
Taberna da Dorna.
Arranxaron a ponte e acabouse a dorna, dime rindo.
Primeiro acabouse a dorna e logo remataron a ponte ainda que pareza
raro.O feito foi que unha noite en que os músicos da Banda da Luaña
viñan de actuar no San Xurxo de Gonte, parece que algún estaba un
pouco quente e díxolle ao barqueiro que ese día non ía cobrar pola
travesía pois era festivo e si se poñía chulo iría de cabezas ao
río. Como intentou dar a volta e lavalos ao punto de partida, foi
parar a auga, entre as gargalladas de todos.
A historia complicouse debido a que cada vez que tentaba sair a
flote, puxábanlle pola cabeza cara abaixo e volvía ao fondo. Nunha
desas veces, o náufrago sacou a navalla do peto da chaqueta e o que
saiu foi unha folla cortante que rachou a faciana do chistoso dende a
orella ata os beizos.
Claro,o
home ao verse afogado defendeuse como pudo... Pois si que acabou ben
a broma..aínda que seguro que por ser en defensa propia non lle
traería tantas consecuencias..
Ao parecer sí, cando foi o xuízo na Coruña, uns espelidos da vila
convencérono de que o tribunal non tiña competencias para xulgalo. Interrumpeu varias veces ao xuíz ata que lle concedeu a
palabra : "Señoría, dixo, no considero a este tribunal competente
para juzgarme, porque el asunto fue sobre aguas y por lo tanto exijo
un tribunal de Marina". Esta intervención complicoulle
bastante a sentencia...
Pois agora, dixo Martiño rindo, imos tomar un polbiño á feira no
bar da Casa do Pescador que has ver o bo facer das nosas dornas.
E alá fomos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario