Foto: Concello de Negreira |
Estes
días no balcón principal da Casa do Concello ondean as bandeiras de
España, Galicia e Portugal, pola visita dos equipos de futbol das
Velhas Guardas de Serzedo e Marinha Grande para xogar co
equipo de Veteranos de Negreira. Celébranse os 40 anos de
intercambio deportivo e de amizade entre os tres pobos. Para unha
gran maioría as bandeiras constitúen un vínculo de unión entre as
persoas moito máis que unha diverxencia.
Xa
hai catro décadas que o equipo de Veteranos comenzou o intercambio
de visitas con Serzedo (Vila Nova de Gaia) e os xogadores e as súas
familias conseguiron integrar a moitos outros veciños nesta
celebración anual, cunha relación baseada no respecto, a
convivencia e a amizade. O 25 de agosto do ano 1990 os concellos de
Serzedo e Negreira asinaron na localidade portuguesa o protocolo de
Irmanamento, acto que tivo a súa correspondencia no concello
nicrariense, ao ano seguinte, unha celegración que contou con
diversas actividades oficiais e populares, coa presencia de
autoridades e amigos serzedenses. Aquel día tocou a Lotería
Nacional en Negreira coincidindo coa da amizade, como se dun agasallo
se tratara pois os décimos, despachados nun bar da localidade,
estiveron moi espallados entre os veciños. Houbo festa por partida
doble.
Logo
estes lazos compartíronse tamén coa localidade de Marinha Grande,
que pasou a formar parte deste numeroso grupo de irmáns de Galicia e
Portugal. O futbol foi a desculpa para este convivio tan
gratificante durante catro décadas de convivencia e práctica
deportiva, que son un exemplo que debera extenderse entre os
ambientes fanatizados e violentos que tanto degradan o mundo do
deporte.
A
expedición portuguesa foi recibida polas autoridades municipais,
exalcaldes e directivos dos veteranos nicrarienses e no acto,
celebrado no Auditorio, contou coa participación dos representantes
das asambleas municipais dos dous concellos lusos. Un grupo de
gaitas interpretou o himno portugués con moita maestría. Logo tivo lugar o trofeo triangular de fútbol entre os tres
equipos, xantar campestre na Area Recreativa de Cobas e máis festa.
Tamén o compromiso para o próximo ano, que toca viaxe a Portugal,
pois o trofeo altérnase en ámbolos dous países.
O
lema de Amigos para Sempre renóvase cada ano, gracias aos Veteranos,
ás Velhas Guardas e as autoridades municipais dos tres concellos que
sempre están prestos a estreitar, outra década polo menos, estes
lazos de amizade que perduran no tempo; novos xogadores, novos
alcaldes pero o irmanamento mantense ao día.
Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario